• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Educacion (1)

  • Emprego_gal2018

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Desde a FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN entendemos que é esencial manter unha relación transparente con vostede. Por iso, a continuación, presentámoslle a nosa Política de Privacidade, para que en todo momento estea debidamente informado acerca de como recompilamos e tratamos de forma segura calquera dato que nos facilite. Os seus datos serán tratados de conformidade coa lexislación vixente e, en concreto, de acordo ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (RGPD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

Unha lectura detida da nosa Política de Privacidade achegaralle a información que necesita para coñecer que destino lle daremos aos datos que nos proporcione.

QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS?

Se vostede, ou unha persoa autorizada nos facilitou os seus datos, a FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN, con CIF G15665144, é a responsable do tratamento dos mesmos. Estes datos serán tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes sobre protección de datos persoais, ou Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 ( GDPR) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

É posible que existan outros responsables nos tratamentos que realizamos, nese caso sempre informaremos de quen é o/a responsable do tratamento dos mesmos, así como dos seus datos de identificación.

A FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN comprométese ao cumprimento da obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos. Para iso adoptamos as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado de acordo co establecido no Regulamento.

ONDE INFORMAMOS?

A FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN informa sobre este tema no apartado correspondente á política de privacidade da páxina web www.downgalicia.org. Máis información en “Aviso Legal”.

QUE DATOS PERSOAIS TRATAMOS?

Os datos persoais que tratamos son:

  • Aqueles que vostede decida facilitarnos voluntariamente.
  • Os datos derivados das comunicacións que manteña connosco.
  • A información correspondente á súa propia navegación no caso de Servizos Online (enderezo IP ou información derivada de cookies ou dispositivos similares – Pode ver a nosa Política de Cookies na web-).
  • Aquela información que se atope dispoñible en fontes accesibles ao público, á que lexitimamente podamos acceder.
  • Os datos que se deriven da relación contractual ou precontractual que manteña connosco, incluída a súa imaxe, informándolle sempre neste caso da posibilidade de captar a súa imaxe.
  • Os que terceiras persoas nos proporcionen sobre vostede, existindo unha base lexítima para iso ou obtendo o seu consentimento.
  • Os datos de terceiros que vostede nos facilite, previo o consentimento do terceiro en cuestión.
COMO TRATAMOS OS DATOS?

En FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN tratamos os seus datos persoais sempre en estrito cumprimento da lexislación vixente. Ademais, informámoslle de que contamos coas medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir un nivel óptimo de seguridade, garantindo con iso que só accederán aquelas persoas que teñan autorización, que os manteremos íntegros, evitando calquera perda intencionada ou accidental e que reforzamos os sistemas e servizos de tratamento de datos.

As operacións, xestións e procedementos técnicos que realizamos de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, almacenamento, modificación, transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.

CÁL É A LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO?

A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, a laboral ou calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.

COMO XESTIONAMOS AS COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS?

No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios e outros sistemas de comunicación) informámoslle de que as mensaxes se dirixen exclusivamente á persoa destinataria e pode conter información privilexiada ou confidencial. Se non é a persoa destinataria indicada, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.

De conformidade co establecido na Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, e a Directiva 2002/58/CE comunicámoslle que no caso de que non desexe recibir comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo indique por esta mesma vía indicando no asunto “BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS” para que os seus datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días desde o seu envío. No caso de que non recibamos contestación expresa pola súa banda, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa entidade siga realizando as referidas comunicacións.

CANTO TEMPO CONSERVAMOS OS TEUS DATOS?

Os datos persoais relativos a persoas físicas que FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN recompilamos por calquera medio, conservaranse mentres a persoa interesada non solicite a súa supresión. Así mesmo, conservaranse mentres se manteña a relación que orixinou o tratamento dos datos, respectando en calquera caso os prazos legais de conservación. Concluído este período, os datos persoais serán eliminados de todos os sistemas de FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN.

OS SEUS DATOS SERÁN COMUNICADOS A TERCEIROS?

Non haberá cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais, salvo as xa informadas, que non sexa por unha obrigación legal. Se por requirimento da Administración Pública ou as Institucións Autonómicas no ámbito das funcións que a lei lles atribúa expresamente, nos solicitasen os teus datos, estes serán transmitidos.

De existir unha cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais fóra dos casos anteriormente previstos, será previamente informado para que nos preste o seu consentimento, se procede.

Pero para poder organizarnos correctamente, ter boas operativas e procedementos que garantan unha boa xestión, a FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN pode necesitar contratar os servizos de asesores, profesionais ou outras empresas de servizos para tratar datos baixo as nosas indicacións.

Este tratamento por conta de terceiros está regulado nun contrato que consta por escrito ou algunha outra forma que permita acreditar a súa celebración e contido, especificando expresamente que a persoa encargada do tratamento tratará os datos conforme as nosas instrucións e non os aplicará ou usará con fin distinto ao que figure no devandito contrato, nin os comunicará, nin sequera, para a súa conservación a outras persoas.

CALES SON OS SEUS DEREITOS?

A normativa de protección de datos confírelle os seguintes dereitos:

  • Dereito a revogar calquera consentimento prestado previamente.
  • Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos están a tratarse e as características do tratamento que leva a cabo.
  • Dereito de rectificación: Pode solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces.
  • Dereito de portabilidade: Pode obter unha copia en formato interoperable dos datos que estean a ser tratados.
  • Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.
  • Dereito de cancelación: Solicitar o cesamento do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación.

Así mesmo, queremos informarlle de que pode retirar o consentimento prestado sen que iso afecte á legalidade do tratamento xa realizado, enviando a súa solicitude ao mesmo enderezo indicado no parágrafo anterior. Neste caso, deberá acompañar á súa solicitude, copia do seu DNI ou documento acreditativo da súa identidade.

Se desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, opoñerse e/ou limitar algún tratamento que considere que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan necesarios, pode dirixirse por escrito á FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN en Rúa Alejandro Novo González, 1,15706 – Santiago de Compostela (A Coruña) ou mediante correo electrónico a downgalicia@downgalicia.org.

  • Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: Nome e apelidos da persoa usuaria, a petición de solicitude, o enderezo e os datos acreditativos.
  • O exercicio de dereitos deberá ser realizado pola propia persoa usuaria. Con todo, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal da persoa autorizada. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación da persoa interesada.

Lembrarlle, ademais, que ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), se considera infrinxidos os seus dereitos: Axencia Española de Protección de datos C/ Jorge Juan, 6 28001-Madrid – FAX: 914483680- TELF: 901 100 099- E-mail: ciudadano@agpd.es

CAL É A FINALIDADE E BASE DA LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO DOS DATOS?

Detallamos a continuación as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo por algunha, ou todas as persoas Responsables de Tratamento enumeradas con anterioridade.

ACTIVIDADE DE TRATAMENTOFINALIDADE DO TRATAMENTOBASE DE LEXITIMACIÓN
Xestión laboralXestión do persoal para a formalización dun contrato laboral, control de expedientes, xestión de nóminas, control horario, formación, plan de pensións e Prevención de Riscos Laborais.Relación contractual
Xestión fiscal e contableTratamento necesario para o cumprimento das obrigacións fiscais e contables.

Relación contractual

Obrigación legal para o/a responsable

Intereses lexítimos prevalentes do/da responsable ou de terceiros

Xestión de contactosTratamento dos datos para poder manter comunicacións coas persoas interesadas

Relación contractual

Intereses lexítimos prevalentes do/da responsable ou de terceiros

Consentimento expreso da persoa interesada

Prevención de riscos laboraisCumprimento da lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde

Relación contractual

Obriga legal para o/a responsable

Control laboralControl de asistencia dos empregados/as ao posto de traballo e xestión de vacacións, baixas e outras asistencias

Relación contractual

Intereses lexítimos prevalentes do/da responsable ou de terceiros

Xestión de candidatos/as a un posto de traballoSelección de persoal e provisión de postos de traballo mediante xestión de currículos, entrevistas persoais e probas de valoración

Intereses vitais da persoa interesada ou doutras persoas

Consentimento expreso da persoa interesada

Xestión de doantes económicosXestión dos datos dos/das interesados/as en realizar unha achega á entidade e o control correspondente para a súa dedución ante a Axencia Tributaria

Relación contractual

Consentimento expreso da persoa interesada

Organización de eventos e actividadesXestión e coordinación de actividades e eventos afíns á actividade da entidade. Control de asistencia e participantes.

Relación contractual

Consentimento expreso da persoa interesada

Comunicación informativa e notificaciónsDifusión de actividades e notificacións de información relevante relacionada coa actividade da entidade

Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiros

Consentimento expreso da persoa interesada

Xestión de asociados/as – NON NA FEDERACIONRexistro e xestión necesaria para a xestión de asociados/as á organización; alta como asociado/a, cobro de cotas, envíos informativos… e outras xestións aprobadas nos estatutos da organización

Relación contractual

Consentimento expreso da persoa interesada

Xestión de expediente de usuario/aXestión de datos para o apoio e a integración, a formación, procura de emprego, e o cubrir todas as súas necesidades na evolución da persoa como un servizo integral

Relación contractual

Intereses vitais da persoa interesada ou doutras persoas

Consentimento expreso da persoa interesada

Xestión multimedia

 

 

Tratamento de imaxes e/ou vídeos para a difusión e promoción en medios de comunicación e redes sociais das actividadesConsentimento expreso da persoa interesada
Xestión de voluntarios/as e alumnos/as en prácticasXestión dos datos destas persoas que prestan apoio nas actividades da entidade e realizan as correspondentes prácticas na área designada

Relación contractual

Consentimento expreso da persoa interesada

Xestión de convocatorias, consellos e citas do órgano directivoXestión dos membros da xunta directiva, persoas e institucións con vinculación á entidade e outras persoas interesadas para a xestión e información sobre reunións, e outras tarefas relacionadas co funcionamento interno

Relación contractual

Intereses lexítimos prevalentes da persoa responsable ou de terceiros

Consentimento expreso da persoa interesada