Punto virtual :: Down Galicia

PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
CREACIÓN DE MATERIAIS ACCESIBLES
METODOLOXÍAS E ESTRATEXIAS

 

METODOLOXÍAS E ESTRATEXIAS VENCELLADAS COA ACCESIBILIDADE:
APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS

 

A Aprendizaxe baseada en Proxectos (ABP) é unha estratexia metodolóxica de deseño e programación na que se implementa un conxunto de tarefas baseadas na resolución das preguntas ou problemas (retos). O alumnado realiza un proceso de investigación e creación no que traballa con un alto nivel de cooperación e que culmina cun produto final que se presenta aos demais.

 

A Aprendizaxe baseada en Proxectos fomenta buscar, elixir, discutir, aplicar, corrixir e ensaiar.

Pasamos de “aprender é memorizar” a “aprender é facer”.

 

 

A Aprendizaxe baseada en Proxectos permite a elección e implicación do alumnado, facilita o empoderamento do mesmo e faino protagonista da súa propia aprendizaxe, implantando unha educación máis activa centrada no “saber facer”.

 

 

Máis información: