Punto virtual :: Down Galicia

PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
PREGUNTAS FRECUENTES

 

PREGUNTAS FRECUENTES

Que ferramentas podo empregar para que todo o meu alumnado comprenda o que quero transmitir?

É frecuente que a falta de comprensión parta da non accesibilidade dos contidos ou dos materiais que se presentan. Como primeira orientación, resulta moi útil a elaboración dunha análise de barreiras na unidade didáctica, material ou actividade que queremos propoñer, tendo en conta barreiras curriculares, cognitivas, sensoriais e sociais.

Unha vez identificadas as barreiras, a táboa de verificación DUA (Deseño Universal para a Aprendizaxe), e en concreto o principio de representación, é un recurso que nos pode ser de utilidade para comprobar a accesibilidade dos materiais e contidos elaborados atendendo a criterios de percepción, linguaxe e símbolos e comprensión.

Se tras a análise de barreiras e a aplicación e verificación do principio de representación continúan dándose dificultades na comprensión, sería preciso realizar axustes razoables, personalizándoos en función das características concretas do alumno ou alumna.

 

Propostas para que todo o meu alumnado comprenda o que quero transmitir: