• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Educacion (1)

  • Emprego_gal2018

CURRICULUM E AVALIACIÓN

PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN :: PREGUNTAS FRECUENTES
CONDUTA E EDUCACIÓN || METODOLOXÍA DIDÁCTICA|| ORGANIZACIÓN ESPAZOS ESCOLARES

 

Poden as competencias básicas mellorar o currículum dos centros educativos?

Pódense adquirir as competencias básicas no ámbito educativo?

Pódense avaliar as competencias?

Como se definen as competencias básicas nos deseños curriculares?

Como se adquiren as competencias básicas no ámbito educativo?

Como se avalían as competencias básicas?

A que contribúen as competencias básicas?

Que supón ensinar por competencias?

 

Poden as competencias básicas mellorar o currículum dos centros educativos?

Sí, é posible. Sería necesario que cada centro, seguindo a metodoloxía propia dos procesos de mellora, encontrase un enfoque e unha estratexia compartidos.

 

Pódense adquirir as competencias básicas no ámbito educativo?

As competencias básicas adquírense a través de experiencias educativas diversas. Para que esas experiencias sexan adecuadas débense cumprir dous requisitos. Primero, que se ordenen adecuadamente todos os elementos (obxectivos, contidos…) que conforman a competencia nos deseños curriculares. Segundo, que se definan e seleccionen as tarefas adecuadas para que as persoas aprendan os elementos que conforman a competencia.

 

Pódense avaliar as competencias?

Sí. Para avaliar as competencias, como para avaliar calquera aprendizaxe, é necesario dispoñer de algunha fonte de información e algúns criterios de avaliación. No ámbito laboral utilízanse como fonte de información as realizacións das tarefas profesionais e como criterios de avaliación os estándares de calidade. No ámbito educativo as fontes de información deberán ser variadas, prestando unha especial atención ás tarefas. Os criterios de avaliación serán os establecidos nos deseños curriculares.

 

Como se definen as competencias básicas nos deseños curriculares?

As competencias básicas aparecen definidas nos deseños curriculares de dúas formas. En primeiro lugar, unha definición semántica que explica conceptualmente cada competencia e, en segundo lugar, unha definición operativa que nos indica a contribución que cada área curricular fai a cada unha das competencias.

Os centros educativos, analizando os deseños curriculares, poderán concretar que elementos das áreas (obxectivos, contidos e criterios de avaliación) contribúen á consecución de cada unha das competencias básicas.

Como se adquiren as competencias básicas no ámbito educativo?

Adquírense a través da resolución de tarefas. Para iso requírese unha axeitada formulación e selección das mesmas, dado que é a resolución da tarefa o que fai que unha persoa empregue axeitadamente todos os recursos dos que dispón.

Unha formulación adecuada da tarefa realízase cando se definen con claridade, polo menos, os seguintes elementos: as operacións mentais (razonar, argumentar, crear…) que o alumnado deberá realizar, os contidos que necesita dominar e o contexto no que esa tarefa se vai a desenvolver. Unha axeitada selección de tarefas require que estas sexan variadas, relevantes para a vida, adecuadas aos obxectivos que se desexan e que propicien a adquisición do máximo número de competencias.

 

Como se avalían as competencias básicas?

A través das tarefas realizadas, utilizando diferentes fontes de información (traballos do alumnado, exámenes, observacións na aula, entrevistas, etc.), e aplicando os criterios de avaliación máis adecuados para o nivel educativo no que se atopa o alumnado.

É moi importante que as administracións educativas recoñezan a todas as persoas, unha vez concluida a súa formación obligatoria, o nivel de dominio alcanzado en cada unha das competencias, sobre todo, si esas persoas non lograron alcanzar a titulación correspondente.

 

A que contribúen as competencias básicas?

  • Adaptar o proceso de ensinanza-aprendizaxe á sociedade actual, en continuo cambio.
  • Transformar o concepto tradicional de ensinanza baseado na adquisición de coñecementos nun NOVO concepto de aprendizaxe baseado na capacidade de resolver situacións ao longo da vida.
  • Desenvolver un currículum integrado superando a distribución por materias do coñecemento.

 

Que supón ensinar por competencias?

  • Situar en primeiro lugar á transferencia do aprendido: refírese á mobilización dos coñecementos e ao seu uso en situacións problemáticas.
  • Integrar distintas áreas e diversos tipos de contidos.
  • Outorgar unha gran importancia ao contexto (escenario).