• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Educacion (1)

  • Emprego_gal2018

ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS ESCOLARES

PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN :: PREGUNTAS FRECUENTES
CURRICULUM E AVALIACIÓN || METODOLOXÍA DIDÁCTICA|| CONDUTA E EDUCACIÓN 

 

Donde hai que incluír ao alumno ou alumna coa síndrome de Down?

Cal é o espazo do alumno ou alumna coa síndrome de Down dentro do centro escolar?

Donde colocar a un alumno ou alumna coa síndrome de Down dentro da aula?

Donde colocar ao alumno ou alumna coa síndrome de Down dentro da aula con respecto aos seus compañeiros e compañeiras?

O alumno ou alumna coa síndrome de Down sempre se ten que sentar na mesma mesa?

Que facer con un neno ou nena coa síndrome de Down á hora do recreo?

Debe participar o alumno ou alumna nas actividades extraescolares propostas polo centro?

 

Donde hai que incluír ao alumno ou alumna coa síndrome de Down?
Nas comunidades inclusivas, cada persoa é un membro importante e valioso, con responsabilidades e funcións que debe desempeñar para apoiar aos outros.
Para conseguir isto o punto clave é que o alumno ou alumna coa síndrome de Down asista a un colexio ordinario.
Pero non basta con incluír ao alumno ou alumna coa síndrome de Down, senón que se debería incluír a toda a comunidade educativa e que fose partícipe de todo este proceso de inclusión.

 

Cal é o espazo do alumno ou alumna coa síndrome de Down dentro do centro escolar?
Como calquera outro alumno ou alumna debe poder utilizar todos os espazos do centro. Para iso é necesario saber moverse por todo o centro. Hai que ensinarllo e darlle tempo e oportunidades para asimilalo. Para conseguir isto é bo implicalo en tarefas tales como a de repartir libros, entregar notas, mensaxes,…

 

Donde colocar a un alumno ou alumna coa síndrome de Down dentro da aula?
Dentro da aula hai que procurar colocalos polas filas de diante, tendo en conta sempre as súas perdas auditivas e visuais.
Sen embargo, e a pesar de que poidamos ter en conta esta suxerencia a modo xeral, debemos ter presente que cada alumno ou alumna é singular e de algún modo débense ter en conta as súas necesidades e tamén a propia dinámica da aula. Cando un alumno ou alumna ten dificultades para manter a atención e o profesor ou profesoara no momento da corrección establece que o alumnado se coloque en fila, o noso alumno ou alumna ten moitas posibilidades de deixar de realizar calquera proposta nese momento debido ao aumento de distraccións xusto ao seu ao redor.
En ocasións pode ser interesante que o noso alumno ou alumna estea situado na segunda fila de modo que teña a outros alumnos e alumnas na aula que funcionen como modelos de referencia: levantan a man para falar, collen o libro ou a libreta,…

 

Donde colocar ao alumno ou alumna coa síndrome de Down dentro da aula con respecto aos seus compañeiros e compañeiras?
Con respecto aos seus compañeiros e compañeiras é bo que estes vaian rotando ao longo do curso, de esta maneira conséguese que interaccione con todos e todas e favorécese que empregue máis o apoio dos seus compañeiros e compañeiras e non só o das persoas adultas.

 

O alumno ou alumna coa síndrome de Down sempre se ten que sentar na mesma mesa?
É positivo que se sente no mesmo lugar e sexan os seus compañeiros e compañeiras os que roten e non el, xa que é necesario que teña un espazo fixo ao que recurrir cando se desoriente. Isto pódese conseguir tendo na súa mesa os seus horarios, as súas rutinas e normas escolares ben escritas. Na súa mesa tamén debería estar o programa diario.

 

Que facer co neno ou nena coa síndrome de Down á do recreo?
Á hora do recreo podémoslle prestar unha axuda adicional a través de:
– Informar ao equipo docente e ao alumnado (dificultades de aprendizaxe) sobre as características do noso alumno ou alumna e os diferentes valores da diversidade.
– Fomentar a aprendizaxe cooperativa coa axuda dun compañeiro ou compañeira ou un grupo pequeno.
– Familiarizar aos compañeiros  e compañeiras cos nenos ou nenas coa síndrome de Down, para que entendan as súas capacidades, os seus puntos fortes e débiles, e poidan recoñecer que teñen as mesmas necesidades que eles mesmos.
– Fomentar que empregue ao máximo o apoio dos compañeiros e compañeiras en lugar do das persoas adultas.
– Organizar no recreo algunhas sesións de xogos estruturados dirixidas por membros do equipo educativo.
– Darlles o seu tempo á hora de colaborar nun xogo e respectar o seu ritmo, xa que a veces cústalles entender as regras.
– Favorecer a súa autoestima deixando que o alumno ou alumna coa síndrome de Down propoña algún xogo.

 

Debe participar o alumno ou alumna nas actividades extraescolares propostas polo centro?
Sí. Débeselles animar tanto aos alumnos e alumnas coa síndrome de Down coma ás súas familias a participar nestas actividades. Ademais débese fomentar a súa participación en todas as excursións que se programen coa fin de favorecer nestes momentos de ocio a súa autonomía e socialización.
É importante que o centro teña en conta a participación do alumno ou alumna coa síndrome de Down á hora de programar as actividades extraescolares.