BIBLIOGRAFÍA EDUCACIÓN INFANTIL
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN :: RECURSOS EDUCATIVOS
BIBLIOGRAFÍA
- Claves de apoio a nenos coa síndrome de Down na aula de educación infantil. Down España
- Síndrome de Down: lectura y escritura. María Troncoso y María Mercedes del Cerro. Masson
MATERIAIS EDUCATIVOS EN SOPORTE FÍSICO
PÁXINAS WEB
CIUDAD 17: http://www.ciudad17.com
Páxina infantil de xogos e recursos para aprender os colores básicos, as vogais, os números e as formas xeométricas. Chistes, curiosidades, xogos e diversión.
EL BUHO BOO: http://www.elbuhoboo.com
EL BUHO BOO é un sitio de xogos educativos que ten por obxectivo que os nenos aprendan a usar o ordenador xogando.
É unha forma moi divertida de estimular aos máis pequenos: ensínalles a presionar teclas, mover o ratón, facer clic e arrastrar obxectos. Tamén ten xogos máis tradicionais como os de colorear e rompecabezas.
Na sección descargas encontrarán wallpapers e láminas para pintar.
Os rapaces nunca perden, soamente van avanzando os niveis de dificultade segundo o seu momento madurativo.
CINCO PATAS: http://www.cincopatas.com
Páxina web na que se pode atopar trinta e sete xogos interactivos, absolutamente gratis, ademáis de sete contos infantís ilustrados.
A páxina pretende ser un sitio entretido onde nenos preescolares fagan os seus primeiros contactos co mundo da informática, por iso o seu contido é eminentemente didáctico, baseado na máxima: “Aprender xogando”.
Os xogos deseñáronse coa idea de ofrecer ao neno a oportunidade de enfrontarse a unha serie de xogos de enxeño que expoñen problemas sinxelos, coa intención de espertar a súa curiosidade.
Ao incluír os contos na páxina de xogos (lugar que se entende como un espazo de entretemento puro), preténdese facer ver ao xogador que a lectura tamén forma parte dese mesmo espazo, coa idea de contribuír a fomentar os seus hábitos de lectura.
SESAMO: http://www.sesamo.com
Sesamo.com é unha páxina de entretemento na Internet para os nenos. Nela poderanse atopar un montón de xogos de habilidade, intelixencia, destreza, etc. nos que se atopan xogos de debuxar (no computador e para imprimir), crucigramas, diferenzas, relacións, etc. mesmo caligrafía e unha adaptación ao computador do Veo, Veo.
VEDOQUE: http://www.vedoque.com
Web de xogos educativos e fichas de traballo tanto de educación infantil como de primaria.
PEKEGIFS: http://www.pekegifs.com/
Páxina web de xogos infantís e educativos on- line cos que os nenos aprenden a manexar o rato, practican a lectura e familiarízanse co computador á vez que aprenden.
CHIDTOPIA: http://childtopia.com/index.php
Childtopia nace co obxectivo de ofrecer xogos lúdicos e educativos para os pequenos da casa. Todos os materiais que poñemos á súa disposición están elaborados con criterios psicopedagógicos que reforzan o labor da escola e a contorna familiar. Así, componse de centos de xogos interactivos que poden gozarse por Internet mediante subscrición, ou ben adquirindo un CD-ROM para gozar deles nun computador sen conexión.
EL BUS DE INFANTIL: http://www.bme.es/peques/elbusinfantil/inicio.htm
Páxina Web, organizada como un portal e con facilidade de acceso, que pode considerarse unha “despensa” desas “receitas” que todos usamos e ás que recorremos para solucionar os problemas que nos xorden nas aulas. Unha páxina Web aberta para recibir e renovar e ofrecer material tanto para aprender, como para ensinar.
UDICOM: http://www.educarm.es/udicom/
UDICOM é un conxunto de unidades didácticas de compensatoria educativa que fai que o proceso de ensino-aprendizaxe sexa coherente, flexible, significativo e con sentido para os alumnos. Cada unha destas Unidades Didácticas está dividida en Bloques de actividades, correspondentes a diferentes contidos. Cada unha delas conta cunha programación, que explica o desenvolvemento de cada unidade e un mapa conceptual cos contidos e actividades.
GARACHICO ENCLAVE: www.garachicoenclave.blogspot.com
Blog sobre o día a día do traballo nun Aula Enclave de Secundaria, nas que levan a cabo os Programas de Tránsito á vida adulta e no que se poderán atopar ideas para os Talleres, fichas de traballo, receitas e manualidades paso a paso, saídas, actividades de aula, experiencias no uso das TIC, fichas de traballo,…
DISFASIA EN ZARAGOZA: www.disfasiaenzaragoza.com
Web de información sobre transtornos da linguaxe que pretende ser unha axuda aos pais e profesores e na que se poderá atopar pictogramas, contos adptados, diagnósticos, bibliografía,…
TERTULIA DE MAESTR@S: http://tertuliademaestrasdeinfantil.blogspot.com/
Un rinconcito para recompilar recursos para os docentes de infantil, especial, primaria, etc. e para compartir ideas