A INCLUSIÓN ESTÁ NA TÚA MAN
Ademais da organización deste evento, Down Galicia está a preparar unha campaña en redes sociais baixo a etiqueta #EstáNaTúaMan. O seu obxectivo é concienciar sobre a importancia dos apoios de todos e todas para as persoas coa síndrome de Down ou outras discapacidades intelectuais.
Coa intención de facelo viral, queremos animar a calquera que o desexe a publicar en Facebook, Twitter ou Instagram unha foto ou vídeo na que mencionen a Down Galicia, lle dean os seus parabéns, amosen as súas reivindicacións e se sumen á campaña debuxando un sorriso na palma da súa man.
No seguiente vídeo poderás ver os pasos a seguir:
Así apoiaron esta campaña algúns rostros coñecidos por todos e todas. Pincha aquí!!
Anímate a visibilizar que a inclusión #EstáNaTúaMan!!