A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

Cunha achega de 6.000€, a Deputación de Pontevedra quixo dar continuidade á colaboración que dende hai xa varios anos ofrece ao proxecto “Emprego con Apoio na provincia de Pontevedra” que Down Galicia leva a cabo nesta zona. Esta aposta pola inclusión laboral permitiu que un total de 101 persoas coa síndrome de Down e outras…

A Deputación de Ourense apoia de novo a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down da provincia

Un ano máis, a Deputación de Ourense colabora co proxecto “Emprego con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Ourense” que Down Galicia puxo en marcha nesta provincia. Mediante esta achega, que ascende a 8.500€, facilitáronse unha serie de apoios a un total de 26 persoas coa…

Fundación Inocente Inocente aposta por unha escola inclusiva e de calidade

Mediante unha achega de 15.000 euros, a Fundación Inocente Inocente colaborou durante o pasado curso escolar co proxecto de Down Galicia “Inclusión educativa de alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais”. Esta axuda enmárcase na Convocatoria 2019 de axudas a proxectos asistenciais desta fundación privada. Grazas a esta colaboración, 144 persoas coa síndrome…

A Deputación da Coruña colabora un ano máis con dous proxectos da Federación

Down Galicia e as súas entidades membro nesa provincia contaron un ano máis coa colaboración da Deputación da Coruña que, mediante unha achega económica de 16.956,67 €, apoia o proxecto “Emprego con Apoio de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na Coruña”. Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse diversas actuacións no ámbito da…