Política Social apoia o proxecto de envellecemento da Federación Down Galicia

A Federación Down Galicia e a Consellería de Política Social veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o que a administración autonómica contribúe ao financiamento das actuacións que a Federación desenvolveu durante o ano 2019 no eido do envellecemento activo. Este acordo, que achega a Down Galicia cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo…

Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico da actualización do seu convenio colectivo

Down Galicia vén de recibir, xunto con outras entidades do ámbito da discapacidade como ASPACE Galicia, Autismo Galicia, COGAMI, FEAFES Galicia e FEGADACE, unha axuda extraordinaria coa que facer fronte ao incremento do gasto de persoal producido pola actualización do convenio colectivo polo que se rexen estas entidades de discapacidade. A Federación e as citadas…

Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social, asinaron esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano un novo convenio de colaboración entre ambas entidades. Este convenio nominativo, que achegará á Federación catrocentos sesenta e nove mil cento oitenta euros (469.180 €), ten por obxecto contribuír ao financiamento por…

Doce persoas usuarias de entidades Down de Galicia realizarán prácticas en dependencias da Xunta este 2019

© Xunta de Galicia Grazas aos convenios asinados entre a Consellería de Política Social e a Fundación Down Compostela, a Asociación Down Lugo e a Asociación Teima Down Ferrol, doce mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais realizarán prácticas laborais en centros e servizos da Xunta de Galicia durante o ano…