A Consellería de Política Social colabora co mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

Un ano máis, a Xunta de Galicia contribúe economicamente co mantemento da Federación e cos programas do servizo para a promoción da autonomía persoal que Down Galicia leva a cabo durante este ano 2018. Este convenio nominativo, que achega á Federación catrocentos sesenta e nove mil cento oitenta euros (469.180 €), ten por obxecto promover…

Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para mellorar o proceso de envellecemento das persoas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia e a Consellería de Política Social veñen de asinar neste ano 2018 un convenio de colaboración que procura a mellora na calidade de vida das persoas usuarias da Federación durante a etapa do envellecemento. Este acordo, que achega a Down Galicia cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo o desenvolvemento dun…

Persoas usuarias de entidades Down en Galicia acreditan a súa participación nos proxectos de formación prelaboral da Federación

Esta mañá, 60 persoas usuarias de entidades Down en Galicia recibiron no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia un diploma acreditativo da súa participación en algún dos tres proxectos de formación prelaboral levados a cabo durante o último ano pola Federación Down Galicia. O acto, presidido polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey…

Down Galicia inaugura unha exposición fotográfica centrada no traballo diario das súas entidades

Down Galicia vén de inaugurar a exposición “Acompáñasnos no camiño cara a inclusión real?”, unha mostra fotográfica que reflicte o traballo diario da Federación e as súas entidades membro a prol dos dereitos e a inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Esta exposición está integrada no marco do programa “Capacitarte”,…

A Consellería de Política Social colabora na inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, afianza o seu compromiso coa inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na nosa comunidade autónoma cunha achega de 1.656,13€ ó proxecto “Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo…