Firma Convenio

Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e José Manuel Rey Varela, Conselleiro de Política Social, asinaron esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano un convenio de colaboración entre ambas entidades. Este convenio nominativo, que achegará á Federación catrocentos corenta e seis mil oitocentos trinta e oito euros (446.838 €),  ten por obxectivo contribuír ao…

Persoas usuarias de entidades Down en Galicia acreditan a súa participación no proxecto de preparación de oposicións da Federación

Esta mañá, 32 persoas usuarias de entidades Down en Galicia recibiron no Edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, un diploma acreditativo da súa participación no proxecto “Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” da Federación Down Galicia. O acto, presidido polo…

A Consellería de Política Social financia o mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal

A Xunta de Galicia contribúe ó financiamento do mantemento e das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal que Down Galicia desenvolve durante este ano 2016. Mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación, promóvense os programas orientados especificamente a favorecer a autonomía e a integración socio laboral…

A Consellería de Política Social apoia a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down en Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, afianza o seu compromiso coa inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual cunha achega de 2.250,78€ ó proxecto “Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo para persoas coa síndrome de…