Administracións, medios de comunicación, ámbito educativo e Renfe colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down

  Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemoraron o Día Mundial da síndrome de Down. A Cidade da Cultura, a ponte das correntes en Pontevedra e a ponte romana de Ourense, o Teatro Jofre e a fonte do Cantón de Molíns en Ferrol, as casas do concello de Ferrol, Lugo e Pontevedra…

Down Vigo celebra o II Desfile Inclusivo para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down

  Down Vigo conmemorou o Día Mundial da Síndrome de Down con varias iniciativas para dar visibilidade á inclusión real e romper os estereotipos que, aínda a día de hoxe, permanecen na sociedade. Así, durante a tarde do venres 22 de marzo celebrouse o II Desfile Inclusivo, en colaboración con Decathlon e coa participación do…

Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down

    Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down, mozos e mozas da asociación Down Lugo alzaron a súa voz na mañá de onte para dar lectura ao Manifesto pola Promoción da Autonomía Persoal, co que quixeron reivindicar o seu dereito a vivir a vida que elas mesmas elixan. “Temos os mesmos dereitos,…

Down Ourense conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down cunha xornada de sensibilización no Colexio Maristas

  Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, dúas mozas usuarias da asociación Down Ourense, en representación dos demais membros da entidade, reivindicaron na mañá do día de mañá os dereitos do colectivo cunha xornada de sensibilización no colexio Maristas da cidade. Noventa alumnos e alumnas de 1º da ESO puideron escoitar as…

Xuntos e a corporación municipal dan visibilidade á inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

  Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down, que se celebra hoxe en todo o mundo, Down Pontevedra Xuntos quixo reivindicar a importancia da inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais colocando unha gran pancarta na balconada da Casa da Luz, situada na histórica Praza da Verdura. Neste evento,…