Down España espera un maior compromiso do novo goberno coas persoas coa síndrome de Down

Down España celebra a constitución dun novo Goberno en España e a existencia dunha vicepresidencia social que permita que a discapacidade poida chegar a ser unha política prioritaria. Nesta liña, a federación estatal pide que se expoñan varias accións prioritarias que amosen un maior compromiso coas persoas coa síndrome de Down do noso país. Principalmente,…

Mirada ao futuro e autocrítica no Encontro Nacional de Familias: “Non podemos esixir uns dereitos se estamos a renunciar a outros”

O 19º Encontro de familias e o 11º Encontro de Irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual tivo lugar esta pasada fin de semana en Andalucía. Asalsido Down Almería colleu o testemuño de Down Compostela, quen organizou o evento o pasado ano, e levou á súa cidade o encontro, que…

Os participantes do Encontro de Mozos Down España reivindican a súa autonomía nun evento aberto á cidade da Coruña

Un centenar de mozos e mozas con síndrome de Down e discapacidade intelectual reuníronse esta pasada fin de semana na Coruña con motivo do 5º Encontro Nacional de Mozos Down España. A cidade herculina acolleu este evento anual, da man da asociación Down Coruña, para vivir unhas xornadas festivas, reflexivas e inclusivas co obxectivo de…

Comeza o Encontro de Mozos Down España na Coruña: Festival inclusivo, roteiros turísticos e espazos de debate

A Coruña acolle esta fin de semana o V Encontro Nacional de Mozos e Mozas Down España. Desde hoxe ata este domingo a cidade herculina reúne a máis dun centenar de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual vindas de toda a xeografía española para vivir unhas xornadas festivas, reflexivas e inclusivas grazas a…