Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense

  O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro 21 de marzo, a partir das 19:00 horas, os actos conmemorativos do Día Mundial da Síndrome de Down e do 20 aniversario da Asociación Down Ourense. Nesta edición entregaranse os VIII Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía…

Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos

  “Na diferenza está a riqueza” é o lema co que as entidades Down en Galicia e La Voz de Galicia poñen á venda unha cunca metálica de estilo vintage con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down de 2023. A venda deste produto ofrece a todas aquelas persoas que o desexen a oportunidade…

As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down

  Desde a Federación Down España e o resto de entidades Down do país queremos dar un paso máis aló na loita pola inclusión social das persoas coa síndrome de Down este 21 de marzo. O obxectivo da nosa nova campaña é cambiar a forma de ver ás persoas coa síndrome de Down, unha forma…

Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down

  A Federación Down Galicia vén de publicar a “Guía de recursos sobre a atención sanitaria de persoas coa Síndrome de Down”, un documento co que quere orientar ás e aos profesionais sanitarios na busca de resposta ás necesidades de atención sanitaria das persoas coa síndrome de Down cara un envellecemento saudable. A guía recompila…