Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19

Tendo en conta o Plan de Vacinación Estatal contra a COVID-19, Down Galicia enviou unha solicitude á Consellería de Sanidade, incluíndo información relevante froito da investigación realizada por T21RS, que xustifica a conveniencia de incluír ás persoas coa síndrome de Down dentro dos grupos prioritarios de vacinación. A Sociedade internacional de Investigación sobre a Trisomía…

Política Social colabora co proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

A través dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de setembro, a Consellería de Política Social contribúe ao financiamento das actuacións que Down Galicia está a desenvolver durante este ano 2020 no eido do envellecemento activo. Este acordo, que achega á Federación cento corenta mil euros (140.000€), ten por obxectivo a realización dun proxecto…

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia supera o millar de accións para máis de 230 persoas usuarias de entidades Down

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia acumulou no pasado período 1.145 accións de orientación para un total de 232 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego. O balance está encadrado entre febreiro de 2019 e xaneiro de 2020, no caso das profesionais de orientación das provincias…

Carmen Brage, usuaria de Teima Down Ferrol, asina o seu contrato como celadora do Sergas

Tras uns meses de espera pola situación xerada pola COVID-19, Carmen Brage Eibe, unha muller con discapacidade intelectual membro de Teima Down Ferrol, asinou por fin esta mañá o contrato que a converte en funcionaria do Servicio Galego de Saúde. Nunhas semanas comezará a súa andaina como celadora no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol tras…