As entidades Down continúan prestando servizos a distancia a persoas usuarias e familias do movemento asociativo

Ante a declaración do estado de alarma e as recomendacións e medidas tomadas polo Goberno en relación á emerxencia sanitaria do COVID-19, a Federación Down Galicia e as súas entidades membro suspenderon o pasado 13 de marzo as actividades e os servizos presenciais prestados ás persoas usuarias. Pero aínda que as portas das entidades Down…

As persoas coa síndrome de Down reclaman os seus dereitos con motivo do Día Mundial desta alteración cromosómica

Co gallo da conmemoración do Día Mundial da síndrome de Down, que se celebra hoxe en todo o mundo, as entidades Down de Galicia, en representación das persoas con esta alteración cromosómica e outras discapacidades intelectuais, alzan a súa voz para reclamar, unha vez máis, unha sociedade máis inclusiva, diversa e plural. Nacións Unidas aprobou…

As entidades Down suspenden as súas actividades seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia

A Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade publicaron este xoves un “Protocolo conxunto para os centros de servizos sociais como consecuencia da situación e evolución do coronavirus (COVID-19)”. As entidades Down de Galicia, seguindo as recomendacións oficiais, suspenderán as actividades e os servizos prestados ás persoas usuarias, intentando previr así os contaxios.…

Down Galicia e Down Coruña cancelan os actos conmemorativos do Día Mundial da síndrome de Down

A Federación Down Galicia e a asociación Down Coruña tomaron na tarde de onte a decisión de cancelar os actos conmemorativos do Día Mundial da síndrome de Down para evitar situacións de risco nun grupo especialmente sensible ao coronavirus como son as persoas coa síndrome de Down. O acto principal, que ía celebrarse no Hotel…