Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Educación, unha efeméride dedicada a recoñecer o papel fundamental deste proceso na creación de sociedades sostibles e evolucionadas e Down Galicia quere reivindicar novamente a importancia da construción dun modelo educativo inclusivo baseado nos principios de calidade, equidade, flexibilidade e respecto á diversidade. A evolución…

BBVA colabora na promoción da vida autónoma e independente das persoas coa síndrome de Down

Cunha achega de 6.000 euros, a entidade bancaria BBVA apoiou durante o pasado ano 2019 o proxecto “Autonomía e Vida Independente para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” de Down Galicia. Esta axuda enmárcase na última edición de Territorios Solidarios, que BBVA convocou coa finalidade de colaborar coas entidades non lucrativas a conseguir…

A Fundación Once e o Fondo Social Europeo apoian a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

A Fundación Once, a través da convocatoria xeral 2018 de axudas económicas no marco operativo de inclusión social e economía social 2014-2020, continúa apoiando o proxecto “Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que Down Galicia leva a cabo na comunidade autónoma. Esta achega está cofinanciada polo Fondo Social Europeo dentro…

A Revista Española de Discapacidad publica o traballo de Down Galicia no ámbito do envellecemento

A Revista Española de Discapacidad (REDIS), editada e coordinada polo Centro Español de Documentación sobre Discapacidad (CEDD) e promovida polo Real Patronato sobre Discapacidad y la Dirección General de Políticas de Discapacidad, publicou este martes 10 de decembro o seu último número do ano 2019. Na súa sección Tribuna, onde se presentan reflexións e boas…

Política Social apoia o proxecto de envellecemento da Federación Down Galicia

A Federación Down Galicia e a Consellería de Política Social veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o que a administración autonómica contribúe ao financiamento das actuacións que a Federación desenvolveu durante o ano 2019 no eido do envellecemento activo. Este acordo, que achega a Down Galicia cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo…