Down Galicia, finalista do premio Youtubeir@s á calidade lingüística

A Federación Down Galicia foi distinguida onte, nunha gala celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela, como unha das entidades finalistas ao Premio Youtubeir@s 2019 á calidade lingüística polo seu vídeo “OrientaConsello – O posto de ordenanza”. Este premio recoñece o uso coidado e correcto da lingua en calquera das súas variantes dialectais. Os…

A Deputación de Ourense continúa coa súa aposta pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down da provincia

Un ano máis, a Deputación de Ourense colabora co proxecto “Emprego con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Ourense” que Down Galicia puxo en marcha nesta provincia. Mediante esta achega, que ascende a 2.500€, facilitáronse unha serie de apoios a un total de 28 persoas coa…

Down Galicia contrata a tres persoas desempregadas a través do Programa de Garantía Xuvenil

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, facilitou a contratación na Federación Down Galicia de tres persoas desempregadas acollidas ó programa de Garantía Xuvenil. Esta axuda estivo cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. A…