Down Galicia reedita a súa “Guía de orientación académica e profesional”

A Federación Down Galicia vén de publicar unha nova reedición da súa “Guía de Orientación Académica e Profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”, un completo documento no que aquelas persoas que o desexen poderán atopar información moi útil sobre as diferentes opcións existentes en Galicia en relación a estes dous eidos.…

A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, financiou con 184.194€ a contratación de 10 persoas desempregadas durante o pasado exercicio 2019-2020 para cubrir distintos postos de carácter técnico en varios dos centros de traballo da Federación Down Galicia. Mediante estas contratacións, unha a xornada completa por un período…

Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación

O 24 de xaneiro celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Educación, unha efeméride dedicada a recoñecer o papel fundamental deste proceso na creación de sociedades sostibles e evolucionadas e Down Galicia quere reivindicar novamente a importancia da construción dun modelo educativo inclusivo baseado nos principios de calidade, equidade, flexibilidade e respecto á…