Os Céntimos Solidarios de Vegalsa-Eroski van destinados ao proxecto de educación inclusiva de Down Galicia este agosto

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, xunto co seu socio Grupo Eroski, dedica o programa Céntimos Solidarios dos seus supermercados durante o mes de agosto ao proxecto “Unha escola para tod@s” de Down Galicia, xunto a outros dous programas de COGAMI e FAXPG. A empresa busca recadar fondos para contribuír á inclusión social de…

BBVA Asset Management achega 35.000 euros a Down Ourense para o impulso da educación inclusiva

O proxecto ‘CreaDUA’ de Down Ourense foi un dos 23 proxectos recoñecidos na terceira convocatoria solidaria do fondo BBVA Futuro Sostible ISR. Estes premios, postos en marcha por BBVA Asset Management (BBVA AM) en 2019, teñen como obxectivo asignar a doazón de parte da comisión de xestión do fondo a distintos proxectos vinculados cos Obxectivos…

Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación

O 24 de xaneiro celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Educación, unha efeméride dedicada a recoñecer o papel fundamental deste proceso na creación de sociedades sostibles e evolucionadas e Down Galicia quere reivindicar novamente a importancia da construción dun modelo educativo inclusivo baseado nos principios de calidade, equidade, flexibilidade e respecto á…

Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar

Necesitas información sobre o proceso de matriculación escolar para o vindeiro curso 2020/2021? Para tentar facilitar este proceso, especialmente aos pais e nais de nenos e nenas coa síndrome de Down, Down España publicou hai uns meses a guía Novo curso escolar. Claves para as familias. A través desta publicación, os expertos en educación da…