O Encontro autonómico de familias e profesionais do Movemento Down en Galicia reúne a máis de 200 persoas

  O intercambio de experiencias e o desfrute dunha xornada distendida foron os eixos centrais do Encontro de Familias do Movemento Down en Galicia 2022, celebrado hoxe nas localidades de Santiago de Compostela e Teo. Este encontro autonómico, ao que asistiron máis de 200 persoas, tivo por obxectivo principal proporcionar un espazo de encontro no…

O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”

  Mocidade, autonomía, ocio e inclusión foron os piares sobre os que xirou o Encontro de mozos, mozas e persoas adultas 2022 celebrado durante esta fin de semana en Santiago de Compostela e no que participaron máis de 130 persoas con e sen discapacidade vencelladas a entidades Down de toda Galicia. Esta xornada, organizada pola…

Mirada ao futuro e autocrítica no Encontro Nacional de Familias: “Non podemos esixir uns dereitos se estamos a renunciar a outros”

O 19º Encontro de familias e o 11º Encontro de Irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual tivo lugar esta pasada fin de semana en Andalucía. Asalsido Down Almería colleu o testemuño de Down Compostela, quen organizou o evento o pasado ano, e levou á súa cidade o encontro, que…

Os participantes do Encontro de Mozos Down España reivindican a súa autonomía nun evento aberto á cidade da Coruña

Un centenar de mozos e mozas con síndrome de Down e discapacidade intelectual reuníronse esta pasada fin de semana na Coruña con motivo do 5º Encontro Nacional de Mozos Down España. A cidade herculina acolleu este evento anual, da man da asociación Down Coruña, para vivir unhas xornadas festivas, reflexivas e inclusivas co obxectivo de…