O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”

  Mocidade, autonomía, ocio e inclusión foron os piares sobre os que xirou o Encontro de mozos, mozas e persoas adultas 2022 celebrado durante esta fin de semana en Santiago de Compostela e no que participaron máis de 130 persoas con e sen discapacidade vencelladas a entidades Down de toda Galicia. Esta xornada, organizada pola…

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela

  Hai tres semanas que Manu Otero, un mozo con discapacidade intelectual membro da Fundación Down Compostela, se converteu en traballador indefinido da empresa de transporte SEUR. Tras un breve período de prácticas no que o mozo demostrou todo o seu potencial, a empresa decidiu apostar por el inmediatamente ofrecéndolle un sitio fixo nas instalacións…

A doutora Mª José Fernández Seara, Xurxo Martiño e Emetel Sistemas, Premios Down Compostela 2020

A Fundación Down Compostela acordou recoñecer o traballo que veñen realizando a doutora María José Fernández Seara, o artista Xurxo Martiño e a empresa Emetel Sistema concedéndolles os Premios Down Compostela 2020 pola súa implicación na mellora da saúde das persoas con Síndrome de Down e outras discapacidades ou enfermidades, por promover a expresión artística…