Case 200 contratos en empresas ordinarias durante 2020 avalan a metodoloxía de Emprego con Apoio das entidades Down en Galicia

Un total de 171 persoas participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia estiveron contratadas en empresas ordinarias da súa contorna durante o ano 2020. Este dato é lixeiramente inferior ao obtido no mesmo período do ano anterior, evidenciando desta forma os efectos negativos da COVID-19 no proceso de inserción laboral das…

As entidades Down de Galicia realizan accións locais para sensibilizar á sociedade no Día Mundial da Síndrome de Down

Diferentes accións de sensibilización e divulgación en diferentes cidades e vilas galegas para conmemorar o 21 de marzo, Día Mundial da Síndrome de Down. Así quixeron celebrar esta data tan importante para o Movemento Down varias das entidades que forman parte da Federación Down Galicia. De Lugo a Pontevedra, pasando por Ourense e Vigo. En…

#QueNadaNosSepare, o experimento social de Down España para celebrar o Día Mundial da Síndrome de Down

Down España acaba de presentar a súa nova campaña con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra o vindeiro domingo 21 de marzo. A campaña, cuxo lema é #QueNadaNosSepare, márcase como obxectivo lanzar unha clara mensaxe de sensibilización social: “Se temos tantas cousas en común, por que deixamos que só un…