Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19

Tendo en conta o Plan de Vacinación Estatal contra a COVID-19, Down Galicia enviou unha solicitude á Consellería de Sanidade, incluíndo información relevante froito da investigación realizada por T21RS, que xustifica a conveniencia de incluír ás persoas coa síndrome de Down dentro dos grupos prioritarios de vacinación. A Sociedade internacional de Investigación sobre a Trisomía…

A investigación internacional realizada por T21RS ofrece novos datos sobre a relación entre COVID-19 e síndrome de Down

A sociedade científica Trisomy 21 Research Society (T21RS) continúa a investigación internacional sobre os efectos da COVID-19 nas persoas coa síndrome de Down. É o estudo máis extenso e completo deste tipo, no que se recolleron máis de 1000 casos de persoas coa síndrome de Down de todo o mundo. Os casos foron reportados por familias e…

Down Galicia lanza unha campaña de crowdfunding para rachar coa fenda dixital na que se atopan as súas persoas usuarias

A Federación Down Galicia acaba de lanzar unha campaña de crowdfunding co obxectivo de obter fondos para adquirir equipamento tecnolóxico co que intentar reducir a situación de fenda dixital na que se atopan moitas das súas persoas usuarias. Desta forma, a Federación busca crear un banco de recursos para o préstamo temporal de equipos, facilitando…

Down España participa nun estudio internacional para determinar se as persoas coa síndrome de Down son máis vulnerables ao COVID-19

Son as persoas coa síndrome de Down máis vulnerables á pandemia de COVID-19? A esta cuestión tratará de responder un proxecto de investigación lanzado pola Sociedade Científica de Investigación sobre a Síndrome de Down, T21 RS- Trisomy 21 Research Society. Tanto Down España como a Federación Iberoamericana de Institucións para a Síndrome de Down –…

Down España organiza un ciclo de conferencias para familias de persoas coa síndrome de Down

A Federación Down España, tendo en conta a situación que estamos a vivir debido á crise provocada pola epidemia do coronavirus, quere colaborar no posible ofrecendo ás familias de persoas coa síndrome de Down consellos, orientacións e información relevante sobre diversas áreas. Para iso, organizaron unha serie de conferencias en liña nas que diferentes expertos…