A Deputación da Coruña colabora de novo con Down Galicia en dous proxectos na provincia

  Down Galicia contou un ano máis coa colaboración da Deputación da Coruña que, mediante unha achega económica de 20.925,43€, apoia o proxecto “Emprego Con Apoio de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade Intelectual na Coruña”. Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse diversas actuacións no ámbito da inserción laboral na empresa ordinaria que beneficiaron…

A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, financiou con 184.194€ a contratación de 10 persoas desempregadas durante o pasado exercicio 2019-2020 para cubrir distintos postos de carácter técnico en varios dos centros de traballo da Federación Down Galicia. Mediante estas contratacións, unha a xornada completa por un período…