Down Vigo presenta a exposición “El viaje de mi vida”, composta por oito tapices de tea confeccionados por membros da entidade

A Asociación Down Vigo inaugurou o pasado venres día 7 de agosto a exposición “El viaje de mi vida” no centro comercial Gran Vía da cidade olívica. A mostra artística, que está aberta ata o venres 21 deste mes, consta de oito tapices de tea confeccionados a man polo grupo de Habilidades Adaptativas de Down…

Aberto o prazo de inscrición para o 5º Encontro Nacional de Mozos e Mozas de Down España

A quinta edición do Encontro Nacional de Mozos e Mozas, organizado por Down España e Down Coruña, abre hoxe o seu prazo de inscrición. Trátase dun evento único en España, que xunta nun emprazamento diferente cada ano a máis de 150 persoas (entre profesionais, voluntari@s, familiares e soci@s) pertencentes ás entidades presentes na Rede Nacional…