A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal

  A Xunta de Galicia contribúe ao financiamento do mantemento e das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal que Down Galicia desenvolve durante este ano 2022. Mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación, promóvense os programas orientados especificamente a favorecer a autonomía e…

Política Social impulsa o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

  A través dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de setembro, a Consellería de Política Social e Xuventude contribúe ao financiamento das actuacións que Down Galicia está a desenvolver nas súas sete entidades membro durante este ano 2022 no eido do envellecemento activo. As persoas beneficiarias son un total de 587 persoas coa…

Down Galicia e a Consellería de Facenda asinan un convenio de colaboración en materia de emprego inclusivo

  Delmiro Prieto González, presidente de Down Galicia, e Miguel Corgos López-Prado, conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre as entidades que representan, mediante o que a Federación asesorará á Consellería durante os futuros procesos de adaptación aos postos de traballo daquelas persoas con…

Política Social aposta pola formación en habilidades prelaborais para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

A Consellería de Política Social vén de amosar ao seu apoio ao proxecto “Xornadas formativas en habilidades prelaborais de cara a vida diaria e a empregabilidade das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais”, que a Federación Down Galicia leva a cabo entre o 15/01/22 e o 30/06/22 nos seus centros de traballo…

A Xunta subvencionou a contratación de nove persoas para postos técnicos durante o último período en Down Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, financiou con 161.259,38 € a contratación de nove persoas desempregadas durante o pasado exercicio 2020-2021 para cubrir distintos postos de carácter técnico en varios dos centros de traballo da Federación Down Galicia. Mediante estas contratacións de xornada parcial durante un ano…