Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down

  Con motivo do Día Mundial da síndrome de Down, que se conmemorou onte en todo o mundo, Down Pontevedra Xuntos quixo reivindicar a importancia da inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais colocando unha gran pancarta na balconada da Casa da Luz, situada na histórica Praza da Verdura. Neste evento,…

A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro

  “Felisa e Manolo”, unha terrorífica curtametraxe creada por 10 persoas usuarias de Down Pontevedra Xuntos, acaba de ser recoñecida co primeiro premio da categoría xeral do concurso “Curtas D-Medo 2022” do Concello de Barro, ao que concorreron xunto con outras seis pezas de gran nivel. Abel, Jesús, Jessica, Laura Carballa, Iván, Elisa, Diego, Matías,…

Mozos e mozas de Xuntos retoman o seu voluntariado na protectora Os Palleiros tralo parón pola COVID

  Tras un tempo de obrigada pausa pola crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19, varios mozos e mozas usuarias de Down Pontevedra “Xuntos” volveron participar nas actividades de voluntariado que acostumaban a realizar coa asociación de acollida e adopción de cans “Os Palleiros”. Grazas a esta colaboración, que deu comezo no ano 2017, persoas…

Xuntos continúa coa súa aposta polo deporte inclusivo coa sinatura de tres convenios de colaboración

O deporte é un entretemento divertido e san que debe ser practicado por todo o mundo, a todas as idades e sen distinción de condición nin capacidades. A práctica do deporte leva consigo unha mellora das habilidades sociais e físicas, que favorece moi especialmente ás persoas con algún tipo de discapacidade: mellora da coordinación xeral,…