Ir o contido

Actuacións subvencionadas con fondos europeos

Convocatoria 2024 de axudas do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), publicada por CEPES no marco do Programa de Emprego, Educación, Formación e Economía Social (EFESO) para o período 2021-2027

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de axudas dirixida a seleccionar operacións que teñan como fin a inclusión laboral duradeira de persoas pertencentes a grupos sociais vulnerables a través de apoios profesionais específicos ao seu proceso formativo, de acceso e mantemento no emprego, así como o desenvolvemento de plans para o fortalecemento ou a consolidación das empresas e entidades da Economía Social que teñen por obxecto social dita inserción.

  • Proxecto: “Emprego Con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”
  • Contía da achega: 193.369,33 euros
  • Descrición: Este proxecto para a inclusión socio-laboral para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais no mercado de traballo ordinario desenvolverase a través da formación e preparación previa e complementaria ao emprego, así como a través dun proceso de apoio e acompañamento no posto de traballo contribuíndo a mellorar o nivel de empregabilidade das persoas que forman parte dun dos colectivos en maior risco de exclusión laboral e social. Para iso, aplicarase a metodoloxía do emprego con apoio, entendido como un sistema estruturado e sistemático de adestramento no posto de traballo, que permite á persoa con discapacidade adquirir as destrezas, habilidades e coñecementos que o seu posto de traballo demanda mediante a provisión de apoios dentro e fóra do lugar de traballo.
  • Obxectivo principal: O obxectivo principal destas axudas é facilitar a inclusión socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual, especialmente das persoas coa síndrome de Down, no mercado de traballo ordinario garantindo, para iso, todos os apoios que tanto a persoa, a familia como o persoal empregador necesitan.
  • Obxectivos específicos:
    • Orientar e acompañar a persoas usuarias e familias para acceder a un emprego e conseguir ofertas laborais axustadas ao seu perfil persoal e profesional
    • Impulsar os niveis de empregabilidade das persoas usuarias a través da mellora e reforzo das competencias persoais e profesionais.
    • Prestar apoio, orientación e asesoramento ás persoas usuarias, familias e empresas durante a fase de incorporación e mantemento do posto de traballo da persoa con discapacidade
  • Resultados: O resultado que se pretende acadar é mellorar a calidade de vida dos/as usuarios/as de modo moi positivo, posto que a nosa experiencia permítenos afirmar que adquiren un incremento nas cotas de responsabilidade, autoestima, actividade e autonomía, factores fundamentais para poder levar unha vida o máis inclusiva posible. Así mesmo, para a avaliación dos resultados, disponse dun cadro de indicadores que se irá cumprimentando semestralmente.

 

Convocatoria 2023 das axudas á dixitalización Industria 4.0, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027

Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de axudas á dixitalización Industria 4.0, cofinanciada pola Unión Europea.

O obxectivo principal destas axudas é o reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.

O resultado que se pretende acadar é posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas.

  • Proxecto: “Batería de tests dixitais para a avaliación do envellecemento de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”
  • Contía da achega: 7.250 €
  • Descrición: A través deste proxecto pretendemos deseñar unha ferramenta que facilite e axilice a atención e diagnóstico dos procesos de envellecemento das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, así como dun posible deterioro cognitivo e de patoloxías como o Alzheimer, Para iso, pretendemos desenvolver unha batería de tests dixitais que cubra diferentes ámbitos da memoria e capacidades cognitivas, especificamente adaptada ás características particulares do colectivo.
  • Obxectivos do proxecto:
    • Identificar e analizar as necesidades de adaptación dunha batería de tests dixitais para poder aplicarse ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.
    • Deseñar unha batería de test dixitais que se axuste ás necesidades e características das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, mediante un equipo interdiciplinar que aune o coñecemento do ámbito neuro-psicolóxico, asistencial e tecnolóxico, tendo coma centro principal ás persoas usuarias finais.
    • Desenvolver a batería de test deseñados no anterior punto empregando como ferramenta principal o motor Unity, garantindo a validez psicométrica dos diferentes test, tanto para ser utilizados como instrumento de prevención, como para ser utilizados como ferramenta de cribado e detección temperá.
    • Validar a batería de test dixitais a través dun estudo piloto involucrando a persoas usuarias da Federación Down Galicia.
    • Deseñar a estrutura dunha base de datos que posibilite o almacenamento da información resultado da aplicación dos test.
    • Levar a cabo un plan de difusión dos resultados do proxecto e da batería dos tests dixitais.
  • Resultados: Deseño dunha batería de tests adaptada á poboación coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, formado por un total de 5 probas que avalían a memoria, a memoria de procedemento, a memoria semántica, as gnosias visuais e a atención.

 

Subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por parte de entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631C).

  • Contía da achega: 58.257,73 €
  • Obxectivo xeral do proxecto: Adquisición no ano 2023 de vehículos de emisión cero, tipo eco ou etiqueta C verde, de ser o caso, adaptados a persoas con mobilidade reducida, que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Financiado con cargo aos Fondos da Unión Europea e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia
Esta actuación foi apoiada pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social e Xuventude