Aviso Legal

LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO

 En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.), dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:

Que o dominio www.downgalicia.org, a partir de agora SITIO WEB, está rexistrado a nome da FEDERACIÓN DOWN GALICIA con domicilio social en Rúa Alejandro Novo González, 1, 15706 – Santiago de Compostela (A Coruña), provista de CIF G15665144.

 CONDICIÓNS DE USO

 I.- PERSOAS USUARIAS

O acceso a e/ou uso do sitio web www.downgalicia.org, atribúe a quen o realiza a condición de persoa usuaria, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.

II.- USO DO SITIO WEB, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS

A persoa usuaria comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen infrinxir a lexislación vixente, a boa fe, para os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido, o uso do sitio web con fins ilícitos ou lesivos contra o/a TITULAR ou calquera terceiro, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos ou lexítimas titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos do/da TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre os mesmos.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición das persoas usuarias, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún ao sitio web.

III.- MODIFICACIÓN UNILATERAL

O/A TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.

IV.- HIPERENLACES

O establecemento de calquera “hiperenlace” entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:

    • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
    • Salvo consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao/á TITULAR.
    • Baixo ningunha circunstancia, o/a TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice o hiperenlace nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.

1.- EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

O/A TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:

    • A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do sitio web e/ou dos seus servizos ou contidos.
    • A falta de utilidade, adecuación ou validez do sitio web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas das persoas usuarias.
    • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
    • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte das persoas usuarias, dos contidos.
    • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte das persoas usuarias.
    • A falta de legalidade, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición das persoas usuarias no sitio web.
    • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados ás persoas usuarias a través do sitio web.

2.- DURACIÓN

A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido. Sen prexuízo do anterior, o/a TITULAR resérvase o dereito para interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo do sitio web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.

VII. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española. FEDERACIÓN DOWN GALICIA e a persoa usuaria, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio da persoa usuaria para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo do sitio web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.

No caso de que o a persoa usuaria teña o seu domicilio fóra de España, FEDERACIÓN DOWN GALICIA e a persoa usuaria, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.