Envellecemento :: Down Galicia

ENVELLECEMENTO ACTIVO

 

Envellecer é un proceso natural para tódalas persoas, mais non deixa de ser unha conquista para as persoas coa síndrome de Down. De feito, nas últimas décadas apreciouse un espectacular aumento da súa esperanza de vida, superando en moitas ocasións os 60 anos. Tal logro ven da man do estudo e do coñecemento exhaustivo da realidade e necesidades do colectivo, o que derivou nunha mellora exponencial da súa calidade de vida, e moi especialmente nunha mellor e máis especializada atención no eido da saúde, sobre todo nas primeiras etapas da vida.

 

Como traballamos o envellecemento nas entidades Down?

O proceso de envellecemento das persoas coa síndrome de Down

O proceso de envellecemento das persoas con outra discapacidade intelectual

 

Que é o Protocolo de Avaliación e Seguimento do Envellecemento (ASE) de Down Galicia?

Información sobre o Protocolo ASE para persoas coa síndrome de Down

Información sobre o Protocolo ASE para persoas con outra discapacidade intelectual

 

 

A continuación, poderedes consultar os convenios que Down Galicia ten asinados neste eido e outra documentación de interese.

1.- Convenio coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Acordo de colaboración entre Down Galicia e a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría para favorecer o envellecemento activo e saudable de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Máis información aquí

 

2.- Convenio coa Federación Alzhéimer Galicia

Acordo de colaboración entre Down Galicia e a Federación Alzhéimer Galicia para favorecer o envellecemento activo e saudable de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.

Máis información aquí

 

3.- Convenio coa Asociación de Centros de Día de Galicia

Acordo de colaboración entre Down Galicia e a Asociación de Centros de Día de Galicia para a posta en marcha e desenvolvemento de medidas de avance no proceso de envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, así como promover a súa correcta atención sociosanitaria.

Máis información aquí

 

4.- Convenio co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Acordo de colaboración entre Down Galicia e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia para a posta en marcha e desenvolvemento de medidas de avance no proceso de envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, así como promover a súa correcta atención sociosanitaria.

Máis información aquí

 

5.- Adhesión de Down Galicia ao Clúster Saúde de Galicia

Dende agosto de 2022, a Federación Down Galicia é membro do Clúster Saúde de Galicia.

Máis información aquí

 

6.- Artigo “Síndrome de Down e envellecemento: unha nova situación que afrontar”

Artigo elaborado pola Federación Down Galicia e publicado pola Revista Española de Discapacidad (Vol. 7 Núm. 2 (2019) Decembro 2019 – Maio 2020), centrado na resposta da Federación ante o envellecemento precoz de moitos dos seus usuarios e usuarias. Neste escrito preséntase o traballo levado a cabo pola Comisión de Envellecemento da entidade, creada por mor desta nova realidade, a relación entre a síndrome de Down e a enfermidade de Alzhéimer e as conclusións sobre os beneficios dun envellecemento activo.

Le o artigo pinchando aquí

 

7.- Vídeo “O envellecemento das persoas coa síndrome de Down”

Vídeo explicativo do envellecemento das persoas coa síndrome de Down e de como Down Galicia e as súas entidades traballan a prol da súa autonomía e inclusión nesta etapa da súa vida.

 

8.- Vídeo “En primeira persoa”

Neste vídeo, as persoas coa síndrome de Down explican o seu proceso de envellecemento desde a súa perspectiva persoal.

Pincha aquí para velo

 

9.- Vídeo “As persoas coa síndrome de Down e as súas familias ante o proceso de envellecemento”

O xerontólogo Gonzalo Berzosa presenta este estudo, desenvolvido por Down España en colaboración con Divina Pastora Seguros, que pretende dar resposta aos retos que formula o significativo aumento na esperanza de vida do colectivo de persoas coa síndrome de Down.

Pincha aquí para velo


10.- Vídeo “Síndrome de Down y Enfermedad de Alzheimer”

O catedrático de farmacoloxía Jesús Florez, expón neste vídeo a relación entre a síndrome de Down e a enfermidade de Alzheimer.

Pincha aquí para velo

 

11.- Documentación de interese

As persoas coa síndrome de Down e as súas familias ante o proceso de envellecemento

Envellecemento e Síndrome de Down – Unha Guía de Saúde e Benestar

Recomendacións de saúde para persoas adultas coa síndrome de Down

Guía de recursos sobre a atención sanitaria de persoas coa Síndrome de Down

Guía breve para profesionais: “Atención sanitaria a persoas adultas coa síndrome de Down”

Informe Envellecemento e Síndrome de Down

Saúde mental e Síndrome de Down

Enfermidade de Alzheimer e Síndrome de Down