TRANSPARENCIA
Down Galicia deposita anualmente as súas memorias económicas e de actividades nos seguintes rexistros.
• Rexistro de Asociacións da Consellería de Xustiza e Interior. Nº 398.
• RUEPSS: Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais Nº: E-1284.
Declarada de Utilidade Pública (UP/60239/SD) pola Orde INT/2958/2006 BOE nº232 (28/09/06)
Estatutos e Regulamentos:
Protocolo de actuación para a prevención do acoso no ámbito laboral
Política de selección de empresas colaboradoras
Política de conflictos de interese
Responsabilidade, autoridade e organigrama
Ideario asociativo de Down España
Plan Estratéxico:
Memorias de actividades:
Memoria de actividades 2019 (Versión Lectura Fácil)
Vídeo Balance Memoria Actividades 2019
Memoria de actividades 2020 (Versión Lectura Fácil)
Vídeo Balance Memoria Actividades 2020
Memoria de actividades 2021 (Versión Lectura Fácil)
Vídeo Balance Memoria Actividades 2021
Memoria de actividades 2022 (Versión Lectura Fácil)
Vídeo Balance Memoria Actividades 2022
Memorias económicas (Contas anuais):
Táboa resumo Ingresos e Gastos 2019 (Versión Lectura Fácil)
Táboa resumo Ingresos e Gastos 2020 (Versión Lectura Fácil)
Táboa resumo Ingresos e Gastos 2021 (Versión Lectura Fácil)
Táboa resumo Ingresos e Gastos 2022 (Versión Lectura Fácil)
Orzamentos:
TRANSPARENCIA ENTIDADES MEMBRO DOWN GALICIA:
ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN “TEIMA” DE FERROL
DOWN VIGO: ASOCIACIÓN PARA EL SÍNDROME DE DOWN
DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS” ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN
ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN DE LUGO-DOWN LUGO
DOWN CORUÑA: ASOCIACIÓN PARA EL SÍNDROME DE DOWN
DOWN OURENSE: ASOCIACIÓN PARA EL SÍNDROME DE DOWN
CANAL DE DENUNCIAS
A Federación Down Galicia conta cunha Canle de Comunicación e Denuncias que permita identificar condutas irregulares na Federación e áreas de mellora na xestión interna.
Esta canle para o envío de denuncias está ao dispor de todos os grupos de interese: persoas empregadas e voluntarias de Down Galicia, doantes colaboradores, provedores etc. A Federación Down Galicia pon a súa disposición un formulario para recoller as denuncias que queiran formular, cuxo acceso está ao pé desta páxina.
Tal e como recolle a Política da Canle de Comunicación e Denuncias, a comunicación poderase realizar de maneira anónima. Garantirase o dereito á intimidade e a confidencialidade dos datos persoais incluídos na denuncia. Para estes efectos, os expedientes xerarán un número de referencia que será co que se traballe, de modo que se poida asegurar a imposibilidade de identificación das persoas denunciantes.
As persoas intervenientes en calquera actuación do procedemento de denuncia e investigación da mesma, asumen a obrigación de gardar secreto sobre calquera información á que tivesen acceso en virtude da súa participación, sexa cal for, no proceso.
A vulneración do disposto no presente apartado poderá ser gravemente sancionada.
A Canle de Denuncias está exclusivamente dirixido a recoller denuncias sobre condutas irregulares na Federación Down Galicia. Enviar unha denuncia implica manifestar o estado ilegal, irregular ou inconveniente de calquera acción levada a cabo pola Federación Down Galicia.
Esta canle NON está dirixida a recoller denuncias relativas a condutas irregulares doutras entidades ou no marco da actividade doutras entidades sexan empresas, organizacións non lucrativas ou calquera outro tipo de organización, sexa cal for a súa relación coa Federación Down Galicia. No seu caso, estas denuncias deberán dirixirse ás canles de denuncia das entidades correspondentes.
Tampouco está dirixido a recoller suxestións, comentarios ou consultas sobre a actividade da Federación Down Galicia.
Toda denuncia recibida será analizada e tramitada de acordo o establecido na Política da Canle de Comunicación e Denuncias da Federación Down Galicia.
Para iso, pódese cumprimentar e enviar o seguinte formulario web: