Colabora

Queres colaborar con Down Galicia? 

Convértete en doador/a colaborador/a facendo unha doazón nunha das nosas contas bancarias:

ABANCA   ES69 2080 0376 6730 4001 1066

BANCO PASTOR     ES92 0238 8102 7106 0032 6294

Se realizas unha doazón a través dalgunha destas contas bancarias, lembra que debes remitirnos por correo postal ou por correo electrónico os teus datos persoais: Nome e apelidos ou Razón Social, DNI ou CIF, enderezo, teléfono e e-mail.

Correo postal:

Down Galicia

C/ Alejandro Novo González, nº1

15706 – Santiago de Compostela

Correo electrónico: downgalicia@downgalicia.org

Podes colaborar cunha achega periódica pinchando no seguinte enlace

doazonperiodica

Ou podes facer unha doazón online pinchando no seguinte enlace.




Tamén podes colaborar coas nosas entidades membro aquí

 

QUE SIGNIFICA FACERSE DOADOR/A COLABORADOR/A DE DOWN GALICIA

Ser doador/a colaborador/a de Down Galicia é unha aposta pola sociedade inclusiva, na que a discapacidade sexa unha característica máis da persoa e poida estudar, traballar e desenvolver o seu proxecto de vida en igualdade de condicións.
A Federación Down Galicia está formada por oito entidades sen ánimo de lucro que traballan nun modelo de intervención baseado na prestación de apoios totalmente individualizados e personalizados a persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual ao longo de todas as etapas da súa vida.

DESTINO DA TÚA APORTACIÓN

Traballamos en atención temperá, logopedia, apoio escolar, asesoramento a centros educativos, formación e busca activa de emprego, inserción laboral e apoio en postos de traballo na empresa ordinaria, programas de vida independente e emancipación, ocio e actividades complementarias.

DESGRAVACIÓN FISCAL

Lembra que podes desgravar as túas achegas e doazóns á Federación Down Galicia na declaración da renda ou no imposto de sociedades, solicitando o teu certificado de doazón. A Federación Down Galicia está declarada de Utilidade Pública e acollida á Lei de Mecenado.