As ONG galegas lémbralle a Abanca o seu compromiso do mantemento da acción social
EAPN-Galicia, a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e o CERMI Galicia agardan que o banco que sucede as antigas caixas galegas non aposte pola desaparición dos orzamentos destinados á obra social. Desde as tres principais plataformas das ONG galegas xa se manifestara esta preocupación ao presidente da Xunta o pasado mes de novembro…