O Movemento Down en Galicia organiza o primeiro encontro virtual de mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Co obxectivo de coñecer xente nova e compartir inquedanzas e afeccións, 25 persoas usuarias das entidades Down en Galicia participaron o pasado venres no I Encontro Virtual de Mozos e Mozas organizado polo Movemento Down. Tras unha consulta previa a través dun cuestionario, as mozas e mozos estiveron divididos en tres grupos con distinta temática…