Defender o dereito a formar unha parella e ter unha vida afectiva plena por parte das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual é o obxectivo último do programa “Vivíndonos na Diversidade” que se acaba de iniciar na Asociación Teima Down Ferrol en colaboración co centro Quérote+. O programa inclúe tres liñas de traballo que abarcan tres grupos distintos de destinatarios: as persoas con discapacidade, as súas familias e o equipo profesional da entidade. A través de diversos talleres trabállase na necesidade de superar mitos e prexuízos que poidan limitar as relacións das persoas coa síndrome de Down. Deste xeito, inclúese a educación no ámbito sexual como un eslabón máis na inclusión social para favorecer a autonomía persoal deste colectivo, axudándolles a aceptarse e a entender os seus sentimentos..
» A Asociación Teima Down de Ferrol inicia un programa de asesoramento afectivo-sexual
Entradas relacionadas