“Ha llegado el momento de poner fin a los recortes y de apostar por el fomento del empleo y de la promoción de la autonomía personal de las personas con Síndrome de Down y discapacidad intelectual. El futuro tenemos que empezar a construirlo ya, entre todos… o nos convertiremos en un desierto. Y en los desiertos todos sabemos que no hay vida”. Con estas palabras o presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, reclamou ás administracións públicas que tomen a iniciativa para darlle a volta a esta situación “y empiecen las oportunidades”. Ás entidades privadas pediulles que sigan apostando polas persoas con discapacidade. Juan Martínez pronunciou estas palabras no acto de entrega de diplomas aos 43 mozos de Down Compostela que o ano pasado participaron en diversas accións formativas do Servizo de Inclusión Social e Laboral. O acto estivo presidido pola secretaria xeral de Política Social da Xunta, Coro Piñeiro, e ao mesmo asistiron Francisco Caamaño, da Fundación Ibedrola, María Jesús García, da Fundación Down La Caixa; Juan Luis Garrido, de Bankia; Menchu Iglesias, da Fundación ONCE e Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia. Na súa intervención, o presidente de Down Compostela resaltou o traballo realizado polos mozos, que durante a súa formación, prepararon os xardíns da Fundación. “Algunos de vosotros, además, habéis encontrado trabajo, otro motivo para sentirse orgullosos”, engadiu. Juan Martínez destacou que, durante 2011, as sete entidades do Movemento Down Galicia “hemos conseguido incrementar en un 6% las inserciones laborales respecto a 2010, y que de los más de 120 contratos conseguidos, “el 41,5% han sido indefinidos”. Pola súa parte, Coro Piñeiro, destacou que estes cursos “visibilizan la capacidad, la constancia y el esfuerzo de todos los participantes” por avanzar na súa inclusión laboral. Así, e tras felicitar a todos os mozos, recordoulles que conseguiran cambiar mentalidades. “Antes podíais pensar si seríais capaces, y ahora habéis demostrado que sois capaces de hacerlo”, asegurou Piñeiro. Neste sentido asegurou aos mozos que fixeron os cursos: “sois los primeros en recordarnos que debemos seguir en este camino y desde la Xunta siempre vamos a estar ahí, dando este tipo de oportunidades, en la medida en la que se pueda y según el momento”. A Fundación Down Compostela atendeu, durante o ano 2011, no Servizo de Inclusión Social e Laboral, a 43 persoas con discapacidade intelectual, que participaron en diferentes accións formativas, que teñen como finalidade fomentar a autonomía persoal, social e laboral dos participantes dentro dunha concepción integral da persoa. Os cursos realizados versaron sobre “Habilidades básicas e polivalentes para o emprego”, “Habilidades Adaptativas para mulleres con discapacidade intelectual”, “Operacións básicas para a instalación de xardíns, parque e zonas verdes”, e “Alfabetización dixital”. O Servizo de Inclusión Social proporciona unha preparación individualizada das persoas con discapacidade intelectual para a autonomía persoal, social e laboral, proporcionando a cada persoa un itinerario global de inclusión axustado ás súas necesidades formativas e ás súas habilidades..

Traballamos

Medramos

Aprendemos
Debemos acabar cos recortes e apoiar o fomento do emprego e autonomía persoal
21 Marzo, 2012

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.