Ir o contido

Como colaborar con nós?

Doa para apoiar ás persoas coa síndrome de Down

Como podes colaborar con Down Galicia?

Donación periódica

Donación ocasional

Colaboración empresarial

Testamento solidario

Coa tua aportación axudas a moitas persoas

Destino da tua achega

Traballamos en atención temperá, logopedia, apoio escolar, asesoramento a centros educativos, formación e busca activa de emprego, inserción laboral e apoio en postos de traballo na empresa ordinaria, programas de vida independente e emancipación, ocio e actividades complementarias.

Información fiscal sobre las donacionales

Colaborar con Down Galicia é apostar por unha sociedade inclusiva.

A Federación e as súas entidades loitan a diario a prol da construción dun modelo social máis xusto e inclusivo, que contemple as capacidades de todas as persoas, sen distinción.

A onde vai a miña achega?

Grazas á túa colaboración podemos seguir proporcionándolle ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais un sistema estruturado de apoios que lles permitan desenvolver o seu proxecto de vida en igualdade de condicións que o resto da sociedade.

Traballamos en atención temperá, logopedia, apoio escolar, asesoramento a centros educativos, formación e busca activa de emprego, inserción laboral e apoio en postos de traballo na empresa ordinaria, programas de vida independente e emancipación, ocio…

Como podo colaborar?

Doazón periódica ou ocasional
Unha das principais maneiras de colaborar é a través dunha doazón periódica ou ocasional, coa que podes financiar algún dos nosos proxectos de promoción da autonomía persoal das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Achegar productos ou servizos
Podes colaborar achegando produtos ou material para a realización de actividades da entidade, ou ben cedendo as túas instalacións para acoller actos e eventos.

O Real Decreto-Lei 6/2023 inclúe a cesión de uso de bens mobles e inmobles como doazóns fiscalmente deducibles.

Apostar por políticas activas de emprego.

Podes ofrecer formación práctica na túa empresa ou contratar ás persoas integrantes da nosa bolsa de emprego a través do noso programa Emprego Con Apoio.

Apoiando a través do Imposto de Sociedades

Agora podes destinar o 0,7% do Imposto de Sociedades ás ONG, para que podamos seguir desenvolvendo programas sociais. Desta forma, mediante a marcación voluntaria e sen custe, a empresa colabora e xera valor social, mentres que Down Galicia pode destinar eses fondos ao desenvolvemento dos seus proxectos.

Beneficios fiscais

Apoia unha boa causa sen prexudicar aos herdeiros e herdeiras lexítimas

Un testamento solidario é un sinxelo acto de liberdade, que consiste en incluír a unha ou varias ONG entre as beneficiarias dunha herdanza, de maneira en que non prexudique en ningún caso aos herdeiros ou herdeiras lexítimas. As ONG non están suxeitas ao Imposto de Sucesións, polo que a doazón chega de maneira íntegra.

Aconséllase facer testamento para decidir o destino dos teus bens e dereitos e protexer así os intereses dos teus herdeiros ou herdeiras. Se non o fas será a lei quen determine quen son as persoas herdeiras forzosas e, na súa ausencia, a herdanza pasará a disposición das administracións.

 

Prexudico aos herdeiros ou herdeiras lexítimas ao facer un testamento solidario?

Non. A lei ampara as persoas consideradas lexítimas herdeiras facendo unha obrigada división da herdanza que as protexe.

Deste xeito, sempre hai unha parte da herdanza que lle corresponde aos herdeiros e herdeiras lexítimas, mentres se establece outra de libre disposición, podendo recibila calquera persoa ou entidade sen ánimo de lucro.

Por iso Down Galicia pode recibir doazóns sen prexudicar ás persoas herdeiras.

 

Que faría Down Galicia co teu legado solidario?

As 7 entidades que forman Down Galicia teñen como principal obxectivo mellorar a calidade de vida de cada persoa coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e das súas familias. Defender os dereitos destas persoas é a súa loita constante, que se afronta a través da reivindicación da inclusión social plena e da utilización dos recursos ordinarios da sociedade.

A atención diaria que ofrecen as 7 entidades Down de Galicia abrangue todo o ciclo da vida dunha persoa. Unha atención adecuada ás necesidades de cada persoa é fundamental para que se poida vivir do xeito máis pleno e digno posible.

 

Como podo deixar un legado a Down Galicia?

Para apoiar a Down Galicia co teu legado non é necesario un gran patrimonio, porque calquera aportación, sexa en forma de fondos ou de bens, é valiosa e ten impacto na atención diaria ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.

 

É un trámite sinxelo e rápido que debes comentar cun notario ou notaria, que che axudará na redacción dun testamento que respecte os teus desexos e os dereitos dos teus herdeiros e herdeiras. Os datos necesarios para deixar parte do teu legado a Down Galicia son os seguintes:

Nome social: Federación Down Galicia
Domicilio social: Rúa Alejandro Novo González, nº1 – 15706 – Santiago de Compostela
CIF: G15665144

Se xa tes feito o teu testamento e queres incluír a Down Galicia, será necesario modificalo incluíndo expresamente a vontade de deixar a herdanza ou determinados bens a favor da Federación.