Portada » Programas de Down Galicia » Envellecemento activo na síndrome de Down
Envellecer é un proceso natural para tódalas persoas, mais non deixa de ser unha conquista para as persoas coa síndrome de Down. De feito, nas últimas décadas apreciouse un espectacular aumento da súa esperanza de vida, superando en moitas ocasións os 60 anos. Tal logro ven da man do estudo e do coñecemento exhaustivo da realidade e necesidades do colectivo, o que derivou nunha mellora exponencial da súa calidade de vida, e moi especialmente nunha mellor e máis especializada atención no eido da saúde, sobre todo nas primeiras etapas da vida.
Vídeo explicativo do envellecemento das persoas coa síndrome de Down e de como Down Galicia e as súas entidades traballan a prol da súa autonomía e inclusión nesta etapa da súa vida.
Acordo de colaboración entre Down Galicia e a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría para favorecer o envellecemento activo e saudable de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual
Acordo de colaboración entre Down Galicia e a Federación Alzhéimer Galicia para favorecer o envellecemento activo e saudable de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.
Acordo de colaboración entre Down Galicia e a Asociación de Centros de Día de Galicia para a posta en marcha e desenvolvemento de medidas de avance no proceso de envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, así como promover a súa correcta atención sociosanitaria.
Acordo de colaboración entre Down Galicia e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia para a posta en marcha e desenvolvemento de medidas de avance no proceso de envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, así como promover a súa correcta atención sociosanitaria.
Dende agosto de 2022, a Federación Down Galicia é membro do Clúster Saúde de Galicia.
Artigo elaborado pola Federación Down Galicia e publicado pola Revista Española de Discapacidad (Vol. 7 Núm. 2 (2019) Decembro 2019 – Maio 2020), centrado na resposta da Federación ante o envellecemento precoz de moitos dos seus usuarios e usuarias. Neste escrito preséntase o traballo levado a cabo pola Comisión de Envellecemento da entidade, creada por mor desta nova realidade, a relación entre a síndrome de Down e a enfermidade de Alzhéimer e as conclusións sobre os beneficios dun envellecemento activo.
Neste vídeo, as persoas coa síndrome de Down explican o seu proceso de envellecemento desde a súa perspectiva persoal.
O xerontólogo Gonzalo Berzosa presenta este estudo, desenvolvido por Down España en colaboración con Divina Pastora Seguros, que pretende dar resposta aos retos que formula o significativo aumento na esperanza de vida do colectivo de persoas coa síndrome de Down.
O catedrático de farmacoloxía Jesús Florez, expón neste vídeo a relación entre a síndrome de Down e a enfermidade de Alzheimer.