Inclusión Educativa para persoas coa Síndrome de Down

Intervención educativa en síndrome de Down

Programas para unha educación inclusiva nas aulas

A educación debe xogar un importante papel ofrecendo a todos os alumnos e alumnas as mesmas oportunidades e calidade de servizos. Polo tanto, a escola inclusiva debe basearse no dereito á diferenza e no rexeitamento a unha educación que exclúa a parte da poboación escolar.
O sistema educativo debe permitir que todos os nenos e nenas, sexan cales sexan as súas características persoais, participen na vida educativa, en igualdade de condicións, recibindo os apoios adecuados ás súas propias peculiaridades.

Logopedia e comunicación

Lectoescritura

Reforzo educativo

Apoio á inclusión escolar e coordinación con centros

Habilidades sociais

Seguimento escolar

Apoio psicopedagóxico

Ir o contido