Portada » Os Obxectivos Desarollo Sostible e o síndorme de Down
A ONU aprobou en 2015 a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e, con ela, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). É unha chamada mundial para adoptar medidas que acaben cos grandes problemas do mundo: da desigualdade ao medio ambiente, pasando pola saúde ou o traballo digno, entre outros.
Para acadar ditos obxectivos, a participación das organizacións da sociedade civil é fundamental.
As ONG teñen un papel protagonista, xa que son un dos maiores motores sociais que, xunto coa política, pode contribuír a lograr as metas.
A función das ONG baséase no desenvolvemento de proxectos e programas que, por exemplo, reduzan desigualdades ou apoien a colectivos vulnerables.
Down Galicia contribúe aos ODS de xeito planificado. Primeiro, identificando sobre que obxectivos ten capacidade de influencia e, seguidamente, desenvolvendo accións e programas que contribúan a acadalos.
Así, para maximizar a aportación aos ODS, foi necesario definir as prioridades do Movemento Down, medindo os seus impactos reais e potenciais.
Ademais, foi fundamental integrar o marco da Axenda 2030 no seu traballo diario.
A Federación e as súas entidades colaboran en 7 dos 17 obxectivos:
Garantir unha vida sa e promover o benestar de tod@s a todas as idades
Garantir unha educación inclusiva e equitativa de calidade e promover oportunidades de apendizaxe permanente para tod@s
Acadar a igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e as nenas
Reducir a desigualdade no interior dos países e entre os distintos países
Promover sociedades pacíficas e inclusivas, acceso á xustiza para tod@s e construír institucións eficaces, inclusivas e responsables
Fortalecer os medios de implementación e revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible
Atención temperá
Vida adulta e independente
Áarea complementaria
Área transversal
Inclusión educativa
Formación e emprego
Formación e emprego
Todas as áreas de atención
Todas as áreas de atención
Todas as áreas de atención
Todas as áreas de atención
Avisos