Portada » Federación: Transparencia
A transparencia é un dos valores fundamentais que rexen o funcionamento da Federación Down Galicia. Por este motivo, póñense a disposición de todas as persoas os principais documentos da entidade e a información máis relevante de todas as actuacións, da utilización de recursos económicos e da procedencia dos mesmos.
Down Galicia deposita anualmente as súas memorias económicas e de actividades nos seguintes rexistros.
• Rexistro de Asociacións da Consellería de Xustiza e Interior. Nº 398.
• RUEPSS: Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais Nº: E-1284.
A Federación Down Galicia dispón dunha canle interna de información ou de reclamacións que permite identificar condutas irregulares na Federación e áreas de mellora na xestión interna.