Durante unha fin de semana, persoas con discapacidade intelectual membros de Down Lugo e voluntarios de Alcoa participaron nunha viaxe a Viveiro e arredores co objetivo de compartir experiencias de ocio e tiempo libre de forma inclusiva e normalizada. A viaxe contou cun programa de actividades culturais e de ocio, que incluíron visitas en San Cibrán, concretamente ao Museo do Mar e ao faro. Pola súa parte, en Viveiro as actividades centráronse nun perorrido polo centro histórico e polo paseo fluvial do río Landro, chegando á área recreativa de Porto Chao, onde se celebrou un picnic. Por último, tamén se realizaron visitas ao “Souto da Retorta” e ao eucaliptal de Chavín. Este tipo de colaboracións entre o voluntariado da Fundación Alcoa e a Asociación Down Lugo levan realizándose desde o ano 2006 e teñen por obxectivo fomentar a presenza das persoas con discapacidade en todos os aspectos da vida diaria como parte da riqueza da sociedade actual..
