Día Mundial da Síndrome de Down 2026

Conmemora o Día Mundial con nós!

Este 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da síndrome de Down.

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración desta data, o 21 de marzo [21/03], como un símbolo en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

Desde Down Galicia queremos convidar a tódolos centros educativos de Galicia a dar visibilidade a esta alteración cromosómica e cremos que o Día Mundial da Síndrome de Down é a xornada perfecta para facelo. Por iso, sería moi interesante que o profesorado dos centros educativos galegos aproveitara este día para desterrar mitos e falsas crenzas entre o alumnado das súas aulas reforzando varios aspectos:

  • Que non hai dúas persoas coa síndrome de Down iguais
  • O esforzo das persoas coa síndrome de Down ou outras condicións para superarse cada día
  • A necesidade de empatizar e non poñer barreiras aos membros do colectivo

Como podedes dar visibilidade a esta alteración cromosómica?

Campaña polo Día Mundial

A campaña #NoSoyYoEresTú de Down España para este Día Mundial da Síndrome de Down pretende denunciar a percepción negativa que parte da sociedade asocia á síndrome de Down a través de algunhas das situacións que viven as persoas con esta alteración cromosómica no seu día a día.

Data da estrea: 9 de marzo de 2026
Compártea e rompe coas barreiras!

Vídeo "Guía rápida"

Peza de animación elaborada pola Federación Down Galicia na que se explica de xeito moi sinxelo e visual que é a síndrome de Down e que poderedes empregar nas vosas aulas para traballar o concepto.

Un vídeo moi útil para aprender e afianzar conceptos!

Vídeo "Cromoconto"

Para o alumnado de infantil e primaria recomendamos o Cromoconto, un vídeo protagonizado por un cromosoma e unha nena no que se explica, cunha linguaxe sinxela e próxima, que é a síndrome de Down e que significa tela. Con el quérense deixar atrás falsos mitos e despexar dúbidas, para coñecer con naturalidade e sen desinformacións o que é a síndrome de Down.

Vídeo "El cazo de Lorenzo"

Actividade para primaria e secundaria:
Reflexionamos sobre o vídeo: Que ten Lorenzo que non teñen outros nen@s? Como ven a Lorenzo as outras persoas cando vai arrastrando o cazo? Que cousas lle custan facer a Lorenzo cando vai arrastrando o cazo? Alguén acode a Lorenzo? Como axuda esa persoa a Lorenzo?

Darémoslle a cada participante o debuxo dun cazo, onde escribirá ou expresará de forma oral aquilo que se lle dá ben, e aquilo que lle custa.

Vídeo sobre terminoloxía

Para todo o alumnado, recomendamos visualizar o vídeo “Como falar sen excluír nin discriminar”, elaborado pola Federación Down Galicia.

Esta peza audiovisual está orientada a sensibilizar, positivizar e concienciar sobre a terminoloxía máis adecuada para referirse ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

"Xela celebra o seu aniversario"

Versión online do libro de Os Bolechas “Xela celebra o seu aniversario: unha historia sobre a amizade sen barreiras e a síndrome de Down” que Down Galicia elaborou para intentar explicar ás rapazas e rapaces máis pequenos o que é a síndrome de Down e para romper mitos e estereotipos sobre esta alteración cromosómica .

Protocolo de atención educativa

Recordade que tamén tendes á vosa disposición o “Protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”, elaborado pola Consellería de Educación.

Este protocolo establece orientaciones para garantizar el derecho del alumnado con síndrome de Down y/o discapacidad intelectual a una educación inclusiva, equitativa y de calidad, promoviendo su desarrollo a lo largo de la vida

Punto Virtual de Educación

Punto de encontro para favorecer a inclusión nas aulas e nos centros escolares e mellorar a coordinación e a colaboración dos distintos axentes implicados no proceso educativo.

Este portal web inclúe información, recursos e boas prácticas, facilitando así un medio máis na atención á diversidade presente nas aulas. Deste xeito, estase a promover e a fomentar a participación e a aprendizaxe de todo o alumnado.

Cartel Día Mundial 2026

Outra das opcións para colaborar con Down Galicia nesta xornada e dar visibilidade ás persoas coa síndrome de Down é colocar o cartel conmemorativo deste Día Mundial da Síndrome de Down de 2026.

Imprimide e colgade nos vosos centros educativos este cartel!

Dinámicas de equipo

O mundo de cores:
Obxectivos:
– Experimentar a discriminación ó diferente
– Interpretar os criterios cos que conformamos os grupos sociais
– Reflexionar sobre a diversidade, “o natural é que sexamos diferentes”. “Todos os membros dunha sociedade contribuímos a enriquecela”

Duración aproximada: 10 minutos

Dinámica: Os alumnos e alumnas colocaranse en círculo e o profesor ou profesora irá colocándolles gomets con diferentes cores e formas e deixará a unha persoa cun gomet diferente ao resto. Daráselle aos alumnos e alumnas a consigna de facer equipos sen falar. Despois preguntaráselles que criterio seguiron (por exemplo: por forma, por cor,…). A continuación preguntaráselle a aquel alumno ou alumna que quedou só como se sentiu mentres os demais se agrupaban, e invitaráselle a reflexionar sobre porque tendemos a traballar cos que cremos iguais e rexeitamos o diferente. Deste xeito, non nos enriquecemos de estar cos que a “primeira vista” son diferentes por algunha característica, neste caso un gomet.

O ovillo de lá:
Obxectivos:
– Poñer en valor as diferenzas/similitudes do alumnado
– Poñer en valor as cualidades que aporta cada alumno ou alumna na aula

Duración aproximada: 15 minutos

Dinámica: Os alumnos e alumnas colocaranse en círculo. O profesor ou profesora colle por un extremo o ovillo de lá e o lanza a un alumno ou alumna dicindo unha cualidade súa. Este alumno ou alumna, sen soltar o ovillo, lánzao cara outro compañeiro ou compañeira e di unha cualidade ou algo que lle guste del. Así seguirán sucesivamente, sen soltar o ovillo, formando unha telaraña que representa a unión das fortalezas de cada neno ou nena da aula vida.


Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

Ir o contido