Carmelo Beltrán, director da Territorial Noroeste de BBVA e Mara Prieto, vicepresidenta de Down Ourense, deron hoxe a benvida aos seis membros de Down Ourense que desde o luns se incorporan ao seu programa de prácticas formativas, cuxo obxectivo é promover a inclusión socio-laboral das persoas con diversidade funcional. Os mozos intégranse na oficina da rúa Progreso, número 38, de BBVA en Ourense.
Estas prácticas formativas constitúen a primeira experiencia na Comunidade galega, na que persoas con discapacidade intelectual ou síndrome de Down teñen a oportunidade de desenvolver unha actividade formativa nas oficinas dun banco.
O proxecto Down Ourense xorde auspiciado polo programa de voluntariado de BBVA e co obxectivo de promover a inclusión socio-laboral das persoas con diversidade funcional, mediante a adquisición de experiencia en postos de auxiliar administrativo nas súas oficinas.
“Os empregados desta oficina de Ourense son uns privilexiados, xa que por primeira vez na súa traxectoria profesional no Banco, van ter la oportunidade de aprender máis alá dos números e das cifras”, sinalou Carmelo Beltrán.
Na súa intervención o director Territorial apuntou que “no BBVA nos sentimos especialmente orgullosos deste premio dos Voluntarios do Banco, porque supón unha boa mostra do noso firme compromiso coa acción social, que no contexto actual adquire unha especial importancia”.
Pola súa parte, a vicepresidenta de Down Ourense, Mara Prieto, agradeceu particularmente aos voluntarios de BBVA o seu compromiso e sensibilidade para impulsar iniciativas deste tipo, que contribúen a incrementar as oportunidades laborais deste colectivo. Un agradecemento ao que tamén se sumou Rubén Yáñez, no seu nome e no dos seus compañeiros, asegurando que esta “será una oportunidade para que podamos demostrar as nosas capacidades e defender o noso dereito a traballar”.
Premio Nacional de Voluntariado BBVA
Down Ourense obtivo o terceiro premio no Premio Nacional de Voluntariado BBVA, dotado dunha axuda de 10.000 euros. A través deste galardón brindase a oportunidade a seis persoas con discapacidade intelectual ou síndrome de Down, para que realicen prácticas formativas en oficinas do Banco en Ourense. Desta forma, ditas persoas adquirirán experiencia laboral, que lles axudará no proceso de busca de emprego.
Este Programa enmárcase dentro da política de Responsabilidade Corporativa do BBVA e que se resume na idea “Traballamos por un futuro mellor para as persoas”.