Grazas a esta axuda, enmarcada dentro do programa “Iniciativa Xove”, a Down Galicia realiza un obradoiro de fotografía no que participan 35 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual de Galicia.
O seu principal obxectivo é favorecer a participación de mozos/as coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual en actividades sociais, culturais e de lecer, das que na maioría das ocasións están totalmente á marxe provocando un alto risco de exclusión social. Os participantes poden exercitar habilidades tales como a expresión, a creatividade, a interpretación e a sensibilidade social, consideradas fundamentais no desenvolvemento da personalidade de calquera individuo.
O proxecto consta dun obradoiro de iniciación á fotografía, a planificación das sesións de fotografía na rúa, as propias sesións e o visionado, análise e presentación dos traballos realizados por cada participante nunha actividade conxunta en Santiago de Compostela.