A necesidade de abordar programas de envellecemento activo e saudable que contemplen as especificidades das persoas con discapacidade intelectual é o obxectivo fundamental do convenio de colaboración asinado esta mañá polo presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José Carlos Millán, e polo presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto. A través deste acordo ambas entidades buscarán fórmulas para mellorar o proceso de envellecemento do colectivo a través dos recursos, estratexias e metodoloxías de intervención axeitados. Acordan, ademais, promover accións que contribúan a unha maior visibilidade, participación e inclusión das persoas maiores con discapacidade intelectual en programas e servizos da comunidade. Na actualidade en Galicia estímase que viven 2.070 persoas coa síndrome de Down e 12.682 persoas con algún tipo de discapacidade intelectual que necesitan que se estuden as súas particularidades e contextos de envellecemento. Unha situación nova derivada do incremento da esperanza de vida Un dos cambios máis significativos das persoas coa síndrome de Down nas últimas décadas é o notable incremento da súa esperanza de vida, que pasou de ser de aproximadamente 9 anos a comezos do pasado século aos 60-64 anos da actualidade. Isto foi posible grazas aos avances nos ámbitos da saúde integral, á incorporación a unha educación inclusiva, á presenza cada vez máis normalizada e demandada por elas mesmas para acceder aos contextos laborais, e aos novos modelos de vida independente que se están levando a cabo desde fai anos na sociedade actual. Neste sentido, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, indicou que “a traxectoria vital das persoas coa síndrome de Down cambiou, agora van vivir moitos máis anos, e tamén van envellecer. É un fenómeno novo que aínda está invisiblizado. A súa capacidade para envellecer con calidade e benestar vai depender das estratexias que se adopten para que poidan adaptarse aos cambios que conleva esta nova situación persoal, familiar e social do envellecemento.” Envellecemento e síndrome de Down Xunto co incremento da esperanza de vida, tamén se teñen observado a aparición de manifestacións propias dun envellecemento precoz –comezan envellecer a partires dos 40 anos aproximadamente- así como unha asociación importante entre a síndrome de Down e a enfermidade de Alzheimer. Neste punto, o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José Carlos Millán, matizou que, aínda que a incidencia da enfermidade de Alzheimer nas persoas con síndrome de Down se incrementa coa idade, tamén se coñecen casos de persoas que teñen acadado os 70 e incluso os 80 anos sen manifestacións da mesma. Atendendo a estes datos, Millán incidiu na necesidade de “establecer un grupo de traballo para formar ao colectivo de profesionais de ambas entidades nos aspectos particulares do diagnóstico e seguimento das complicacións de este síndrome para poder establecer pautas de intervención precoz que contribúan a un envellecemento saudable, tratando de coñecer as súas necesidade particulares, a fin de establecer a diferenza entre as características do envellecemento e as asociadas a un deterioro cognitivo adquirido”. A voz dos protagonistas Na sinatura do convenio tamén estivo presente Juan José Castrillón Pérez, unha persoa coa síndrome de Down, de 37 anos e veciño de Narón, que explicou as súas preocupacións ao respecto do proceso de envellecemento que terá que abordar nos vindeiros anos. Comezou definíndose a si mesmo como unha persoa “bastante independente”, e asegurou que a súa autonomía persoal a conseguiu grazas “aos apoios que tiven, os apoios son importantes para manexarse un na vida” manifestou. Juan José Castrillón, que vive con súa nai e seu irmán, afirmou que lle gustaría que“o día de mañá me teñan en conta, que me pregunten antes de tomar decisións que me vaian afectar”. Asegurou que cando pensa en facerse maior lle “gustaría seguir opinando” ao tempo que “quero ser un maior activo e coidarme, o que máis me preocupa é a miña memoria, pero sei hai formas de traballar a memoria e eu quero seguir aprendendo”.
Convenio para atender con garantías o envellecemento das persoas coa síndrome de Down
15 Xaneiro, 2014
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.