60 persoas das entidades Down en Ourense, Pontevedra e Vigo participaron nos Programas Integrados para o Emprego 2014-2015 financiados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Cómpre dicir que das 14 persoas contratadas tan só 11 acadaron contratos de ao menos 6 meses de duración e cun mínimo de 45 días de vida laboral cotizados, requisito imprescindible para ser financiadas a través da Consellaría de Traballo e Benestar.
Estes resultados resultan altamente relevantes si temos en conta as importantísimas dificultades de inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual. Así mesmo, se a isto lle sumamos a grave situación de crise económica pola que está pasando o país, calquera inclusión laboral no mercado de traballo supón un gran éxito nas nosas organizacións.
Os módulos formativos do programa baseáronse, por unha parte, na aprendizaxe de habilidades persoais e sociais en xeral, necesarias para desenvolverse socialmente e relacionarse nun entorno laboral onde se desempeñe un posto de traballo; e por outra, na adquisición dunha formación técnica específica para adquirir coñecementos teóricos necesarios para asimilar e coñecer as tarefas concretas do posto de traballo dos diferentes módulos impartidos: Auxiliar de dependente de comercio en Ourense, Peón manipulativo en Pontevedra, e Operario de manipulados, téxtil e sector limpeza en Vigo.