Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Ourense e Fundación Vodafone España presentan unha formación en TICs para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Ourense e Fundación Vodafone España presentan unha formación en TICs para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

26 Maio, 2017

» Down Ourense e Fundación Vodafone España presentan unha formación en TICs para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

O pasado xoves, Down Ourense e Fundación Vodafone España presentaron en La Molinera (Ourense) “H@ppy Day”, unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar aos empresarios e á sociedade sobre os beneficios da inserción laboral das persoas coa síndrome de Down.

Nesta acción, que forma parte do programa de formación prelaboral en Novas Tecnoloxías “Yo me prep@ro”, participaron representantes do tecido empresarial de Ourense, así como usuarios de Down Ourense que conseguiron un posto de traballo grazas a el.

Xuntos contaron as súas experiencias, poñendo de manifesto os beneficios que achegan as persoas coa síndrome de Down no traballo e o positivo que é para os empresarios contar con eles nos seus persoais. Eles, empregados e empregadores, alentaron a outros empresarios para contratar a persoas con discapacidade intelectual e a que comproben as vantaxes sociais e produtivas que se obteñen ao darlles unha oportunidade nunha empresa normalizada: melloran o clima laboral, achegan alegría e optimismo, e son metódicos e organizados nas súas tarefas.

No acto interviñeron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación de Ourense e Concelleiro de Servizos Xerais, Promoción Económica e Emprego, Jorge Pumar; a vicepresidenta de Down Ourense, Mila Requejo; e o responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Galicia, Jesús Sueiro. Tamén se contou coa presenza de representantes do sector empresarial, como Natalia Barreiros, responsable de Merkal Calzado; Carlos Mata, responsable da empresa Primux, e Verónica Pardellas, usuaria de Down Ourense.

Na súa intervención, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradeceu que se desenvolvan “iniciativas como estas, nas cales se mesturan o social, as novas tecnoloxías e o laboral”. Destacou a relación do Concello con Down Ourense, entidade que “teño o pracer de coñecer e visitar cada vez que podo, e sei de primeira man a gran satisfacción que teñen as empresas á hora de contar con traballadores coa síndrome de Down nos seus persoais”.

O vicepresidente da Deputación de Ourense e Concelleiro de Servizos Xerais, Promoción Económica e Emprego, Jorge Pumar, mencionou que o colectivo “sempre contará coa súa institución para acoller iniciativas tan positivas como esta”.

Pola súa banda, a vicepresidenta de Down Ourense, Mila Requejo, agradeceu que programas como “Yo me prep@ro” axuden ás persoas coa síndrome de Down a formarse en novas tecnoloxías, indispensables para atopar traballo. Requejo explicou que “dos 8 mozos de Down Ourense que participaron neste curso, 4 conseguiron un contrato de traballo e 6 realizaron prácticas en distintas empresas da cidade”.

O responsable de Administracións Públicas de Vodafone España en Galicia, Jesús Sueiro, felicitou a Down Ourense polos resultados obtidos, e enxalzou o carácter nacional do programa, que celebra a súa terceira edición.

O responsable da empresa Primux, Carlos Mata, compartiu a súa experiencia contando cun traballador coa síndrome de Down: “Estamos totalmente satisfeitos con el; leva xa algo máis dun ano, e queremos que siga no noso persoal. Convidaría a calquera a verlles traballar no día a día, e a aprender coa experiencia”.

Por último, Verónica Pardellas, usuaria de Down Ourense e participante no programa, contou a súa experiencia de traballo na empresa Merkal Calzados, e aproveitou a oportunidade para convidar os empresarios a dar oportunidades ás persoas coa síndrome de Down.

 

O programa “Yo me prep@ro”

O obxectivo do proxecto ‘Yo me prep@ro’ é proporcionar ás persoas con discapacidade intelectual as ferramentas e estratexias necesarias en aspectos crave como o uso adecuado das TIC: programas informáticos, navegación por Internet, acceso a redes bancarias informatizadas ou aplicacións móbiles. Todo co obxectivo de axudarlles a salvar a fenda dixital que lles condiciona enormemente á hora de atopar un posto de traballo, o que supón unha seria traba ás súas aspiracións de mellorar a súa autonomía e levar unha vida o máis plena e independente posible.

Este ano, na nosa provincia están a recibir esta formación prelaboral en Novas Tecnoloxías 8 usuarios de Down Ourense, que adquiren as competencias necesarias para poder desempeñar un posto de traballo coa normalidade e eficacia de calquera empregado.

Estes alumnos de Ourense sumaranse a outros en diversas provincias, alcanzando un total de 240 mozos que recibirán esta formación en toda España. É total serán 10.500 horas formativas apoiadas en sete novos vídeo-tutoriales que, cunha linguaxe sinxela e accesible, detallarán os pasos e instrucións para que os alumnos coñezan a fondo o uso da internet, xestionar o correo electrónico ou manexar redes sociais como LinkedIn, entre outras habilidades.

Tras o éxito de anteriores edicións, o proxecto afronta este ano a súa terceira edición a nivel nacional con renovado impulso, pois superou as expectativas tanto no número de prácticas conseguidas como na cifra de contratacións alcanzadas. Desde a súa posta en marcha en 2014, e a pesar das complicadas condicións do mercado de traballo, este programa conseguiu 222 contratos para alumnos coa síndrome de Down.

Como complemento a esta edición, os 480 mozos que participaron nas dúas edicións anteriores do proxecto recibirán un curso de refresco dos seus coñecementos para que actualicen as destrezas adquiridas en novas tecnoloxías aplicadas á vida laboral.

 

Convenio marco

A realización deste proxecto enmárcase dentro do Convenio Marco subscrito o 8 de novembro de 2013 entre Fundación Vodafone España, Plena Inclusión e Down España para a realización de actividades conxuntas en materia de accesibilidade e inserción laboral que redunden en mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade intelectual.

Este convenio busca fomentar a innovación tecnolóxica aplicada á accesibilidade e fai especial fincapé naquelas iniciativas que contribúan á participación das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral a través de proxectos piloto de innovación e  sesións formativas e de divulgación.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}