Reinicio da actividade presencial nas entidades Down de Galicia con sesións individuais

Coa chegada da nova normalidade a Galicia, as entidades Down están a retomar pouco a pouco a atención presencial, programando sesións de traballo de forma individual e con cita previa. Estes encontros levaranse a cabo de xeito seguro e adoptando todas as medidas de seguridade estipuladas polos organismos competentes.

Desde o movemento Down queremos resaltar que será de vital importancia que, ante o mínimo síntoma de coronavirus (tose seca, febre, fatiga ou dificultade para respirar), as persoas usuarias e as súas familias non se acheguen ata as súas entidades de referencia aínda que teñan unha cita programada. A prevención é a mellor ferramenta na loita contra o virus.

Nun primeiro momento, retomaranse as sesións presenciais de traballo con aquelas persoas pertencentes aos grupos máis vulnerables, como é o caso de aquelas que se atopan en situación de fenda dixital ou aquelas que están notando de xeito máis notorio un retroceso cognitivo.

As sesións en grupo e o resto das actividades levadas a cabo polas entidades terán que esperar a que a Xunta de Galicia autorice a súa realización. Mentres non existan novas indicacións ao respecto, os e as profesionais do movemento Down seguirán prestando servizos a distancia por medios telemáticos como levan facendo desde o inicio do estado de alarma.

A Federación Down Galicia e as súas entidades continuarán a disposición das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, e das súas familias, nos seguintes números de teléfono e enderezos de correo electrónico:

 

Federación Down Galicia
981 58 11 67
downgalicia@downgalicia.org
Down Vigo
986 20 16 56
downvigo@downvigo.org
Down Pontevedra “Xuntos”
986 86 55 38
xuntos@downgalicia.org
Teima Down Ferrol
981 32 22 30
teimadownferrol@teimadownferrol.org
Down Lugo
982 24 09 21
downlugo@downlugo.org
Fundación Down Compostela
981 56 34 34
downcompostela@downcompostela.org
Down Coruña
981 26 33 88
asociacion@downcoruna.org
Down Ourense
988 37 03 13
downourense@downgalicia.org

 

Ir o contido